HomesociedadeO conselleiro de Medio Rural reúnese co presidente do CRAEGA e coinciden...

O conselleiro de Medio Rural reúnese co presidente do CRAEGA e coinciden na idoneidade de trasladarse ao Pazo de Tor

José González, mantivo este venres pola mañá un encontro co presidente do Craega, Francisco López, no que manifestou que a Xunta era consciente das necesidades operativas deste organismo para poder continuar co desenvolvemento do seu traballo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Conselleiro de Medio Rural, José González, mantivo este venres pola mañá un econtro co presidente do Craega, Francisco López, ao que lle trasladou que desde a Xunta eran concientes das necesidades operativas deste organismo para poder continuar co desenvolvemento do seu traballo. Ante a situación que ten o CRAEGA, lembrou, que o goberno autonómico xa ofreceu en varias ocasións as instalacións do CFEA de Monforte, “co obxectivo de manter a sede deste órgano na vila”.

Agora, entendendo que -tal e como vén solicitando o propio Craega- o Pazo de Tor pode ser unha “alternativa fantástica”, José González apelou á Deputación de Lugo para que poña a disposición do consello regulador estas instalacións. “Dende a máxima colaboración, cremos que o goberno provincial e o propio Concello de Monforte deben atender as xustas demandas deste órgano e ceder o pazo para que se converta na súa sede institucional.

“Para potenciar aínda máis este ambicioso proxecto do Craega”, o titular do Medio Rural en funcións volveu poñer a disposición as instalacións do CFEA da vila, e especialmente as súas fincas, como plataforma de transferencia de investigación ao sector, ademais dun soporte de formación continua moi específica para agricultura e gandaría ecolóxica.

Neste sentido, José González remarcou que, a través da cooperación institucional,  “poderemos potenciar a presenza do Craega en Monforte, coa súa sede institucional no Pazo de Tor e o respaldo no CFEA”. Entre todas as partes implicadas, e coa máxima lealdade, “podemos acadar unha solución acaída para garantir o futuro do Craega nesta vila e seguir potenciando un sector estratéxico do noso rural”, remarcou.

Como proba desta importancia, o conselleiro subliñou que na última década a facturación das vendas dos produtos da agricultura ecolóxica medrou un 385% e que Galicia conta actualmente con 45.600 hectáreas certificadas. Tamén, que a nosa comunidade é a primeira de España en explotacións produtoras de leite ecolóxico.

A maiores, José González trasladou que existe unha clara correlación entre o labor do Craega, o impulso á produción ecolóxica en Galicia e a defensa que fai a Xunta da calidade diferenciada. Sobre este aspecto en particular, cómpre lembrar que precisamente onte o Consello da Xunta deu o seu visto bo ao Plan de promoción de produtos agroalimentarios de calidade diferenciada para 2024, que suporá un investimento de 9,5 M€. Este esforzo enmárcase na Lei da calidade alimentaria de Galicia, como referente legal.

Mellora nos CFEA de Medio Rural

O conselleiro, que estivo acompañado nesta visita polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, e pola directora do CFEA de Monforte, María Estrella Rodríguez, destacou que a Xunta traballa actualmente na mellora das instalacións deste centro, así como dos outros cinco centros dependentes de Medio Rural. Trátase dos de Guísamo, Sergude (Boqueixón), Pedro Murias (Ribadeo), Becerreá e Lourizán (Pontevedra).

Así, José González puxo en valor o compromiso con estes centros de formación, que seguirán impulsándose despois de investir seis millóns de euros en materia de mellora das infraestruturas, renovación da maquinaria agroforestal e videoseguridade. Neste sentido, o titular de Medio Rural en funcións indicou que tamén se acometeron rehabilitacións estruturais, co fin de reforzar a súa habitabilidade e seguridade, así como actuacións nas cubertas, instalacións eléctricas, adaptacións en materia de prevención de riscos, calefaccións ou accesos.

Este CFEA, que tivo a súa orixe na Escola de Capacitación Agraria de Monforte -cuxa actividade comezou no ano 1974-, cumpriu xa, polo tanto, medio século dende a súa creación. Trátase dun centro de referencia para impartir accións formativas na modalidade semipresencial dos distintos módulos do Curso de Aptitude Empresarial Agraria. Ademais, participa activamente na formación continua para as persoas vinculadas profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandería, industria alimentaria e cadea forestal-madeira, ou con expectativa de incorporación; especialmente mozos e mulleres do medio rural.

ÚLTIMAS

A Vicepresidencia da Deputación ofrece 50.000€ anuais para o Matadoiro de Sarria

Na xuntanza, na que participaron o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, a alcaldesa de...

Soños da compañía Arte Feito, este 21 de outubro no Multiusos de Monforte

Ás 20:15h terá lugar a posta en escena da obra para adultos Soños, da...

O Xeoparque programa unha actividade que inclúe sendeirismo, visitas guiadas e degustacións gastronómicas

Este sábado 23 de novembro está programada a terceira actividade do 'Ciclo Outono Xeolóxico'...

Comezan as obras para rematar o paseo fluvial entre a Ponte Nova e a Gardaría Municipal de Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anunciou este mércores un novo proxecto de...