HomesociedadeRecepción en Láncara a unha delegación empresarial cubana

Recepción en Láncara a unha delegación empresarial cubana

O Deputado de Promoción Económica e Social e Tenente Alcalde de Láncara, Pablo Rivera Capón, recibiu este domingo en Láncara xunto ao secretario xeral da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), Jaime López, a unha delegación empresarial cubana encabezada polo presidente da Cámara de Comercio do país caribeño, Antonio Luis Carricarte Corona.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A xornada enmárcase nunha visita máis ampla que esta delegación cubana fará pola provincia co obxectivo de fortalecer os lazos entre ambos territorios e favorecer os intercambios comerciais.

No encontro deste domingo, a delegación –na que viaxan representantes dunha decena de empresas do Caribe e da que forman parte tamén representantes da Embaixada de Cuba en España- reuniuse co Alcalde na Casa do Concello, visitaron a Casa-Museo Ángel Castro e mantiveron unha comida de traballo en Casa Toirán.

Durante os vindeiros días, os representantes cubanos realizarán visitas institucionais e encontros con diferentes representantes públicos e privados, así como visitas a empresas lucenses punteiras. Este luns estaba previsto un encontro de traballo co Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca. Tamén se achegarán ás instalacións da Granxa Gayoso Castro que a institución provincial ten en Castro de Ribeiras de Lea. Unha visita na que os acompañarán tamén representantes das empresas Innolact, Suministros Megaro Foods e Grupo Lence.

ÚLTIMAS

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...

Monforte adxudica as obras de mellora dos accesos ao núcleo de Souto, en Guntín

A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao proxecto técnico e a adxudicación...

Ribeira Sacra e Mariña, os destinos máis demandados no programa ‘Coñece a túa provincia’

O programa Coñece a túa provincia, que impulsou a Deputación de Lugo hai seis...