HomesociedadeO IES A Pinguela, único instituto de Galicia con FP de calzado...

O IES A Pinguela, único instituto de Galicia con FP de calzado e complementos de moda

O IES A Pinguela vén de celebrar unha interesante xornada de traballo sobre o mundo da Formación Profesional do sector de Calzado e Complementos

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Do encontro participou o profesorado do IES A Pinguela con empresarios monfortinos do sector (Gonzalo López Otero, de Calzados Losal; Alberto Pérez, de Curtidos Galaicos) e de Padrón (José Luis Reboiras, de Ana Muñiz).

Representando á Consellería de Educación asistiu a Directora Territorial de Educación de Lugo, Sagrario Sánchez Ramil, e contouse tamén coa colaboración do ex Conselleiro de Industria, o monfortino Francisco Conde López.

Na reunión tratáronse as oportunidades que se abren coa implantación da FP dual intensiva e da posibilidade de complementar a oferta educativa da familia profesional de téxtil. “Unha reunión de traballo moi produtiva na que estudiamos como aumentar as sinerxias empresa/ instituto e implementar as prácticas dos distintos ciclos formativos do noso centro”, destacan desde a dirección do IES A Pinguela, o único instituto de Galicia que está a ofertar formación profesional de Calzado e Complementos de Moda.

ÚLTIMAS

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...