Homesociedade500 xubilados e pensionistas de UGT Galicia celebran o seu encontro anual...

500 xubilados e pensionistas de UGT Galicia celebran o seu encontro anual en Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, deu a benvida a Monforte ós asistentes do XI Encontro de Xubilados e Pensionistas de UGT Galicia. O acto de recepción tivo lugar este sábado pola mañá no Pavillón polideportivo municipal da Pinguela e nel participaron 500 xubilados provintes de todas as delegacións de Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este sábado, ás 11.00h deron comezo as intervencións institucionais, nas que o Alcalde deu a benvida ós asistentes, animounos a descubrir Monforte e á Ribeira Sacra a agradeceu ós organizadores que escolleran Monforte para celebrar este XI Encontro, do que destacou o impacto socioeconómico e turístico.

No acto, ademais do Alcalde, interviñeron o Secretario Xeral de UGT Galicia, José Antonio Gómez Gómez, o Secretario de Políticas Sociais UJP-UGT, Dimas del Mazo, o Secretario Xeral  de UGT Lugo-Lemos e Costa, Ángel Tomé Roca, a Secretaria Xeral UXP Lugo-Lemos e Costa,  Mª Dolores Vieiro e o Secretario Xeral UXP UGT Galicia, Valentín Tato. Tamén estivo presente, entre outros, o Secretario General de UJP-UGT.

No transcurso do acto, foron homenaxeados afiliados de UGT que teñen máis de 90 anos. O Alcalde fixo entrega dunha peza de Sargadelos con motivo desta homenaxe. Rematados os actos do Pavillón da Pinguela, tivo lugar unha visita ó centro histórico da cidade, e a xornada continuou cun xantar de confraternidade no Pavillón polideportivo Doutor López Suárez.

O Concello entregou un agasallo institucional ós asistentes, para o que o Concello de Monforte doou 500 bolsas de papel personalizadas coa imaxe da cidade e a Ribeira Sacra, unha Guía turística oficial de Monforte, e a Guía do Peregrino do Camiño de Inverno a Santiago, que tamén edita o Concello e distribúe dende a Oficina municipal de Atención ó Peregrino.

ÚLTIMAS

Mesa de traballo en Monforte para axustar a acción municipal á ‘Axenda 2030’

Reunión do Equipo de Goberno do Concello de Monforte para a confección da Axenda...

20 edicións do Castañazo, o 31 de outubro e 1 de novembro en Chantada

Do acto de presentación participaron o Concelleiro de Cultura de Chantada, Manuel Diéguez; a...

Ferido un home en Pantón tras caer na zona da Fervenza de Augacaída

O accidente ocorreu sobre as 18.40 horas deste xoves, cando un particular contactou co...

Último día para inscribirse no obradoiro de Alimentación Saudable para maiores de 60 anos do Programa Activa Monforte

O Espazo Gastronómico de Monforte, situado na Praza de Abastos, acollerá un obradoiro de...