HomesociedadeOferta pública de ciclos para o novo curso no IES A Pinguela

Oferta pública de ciclos para o novo curso no IES A Pinguela

Sumará dous no curso 2024-2025: O Ciclo superior de Asesoría de Imaxe Persoal e Corporativa (distancia), e FP Básica de Arranxos e reparación de artigos téxtiles e de pel.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O IES A Pinguela informa estas semanas da oferta de ciclos para o vindeiro curso 2024/2025.

Aos 13 existentes engade 2 novos ciclos formativos de Formación Profesional: o Ciclo Superior de Asesoría de Imaxe Persoal e Corporativa (relativo á Imaxe Persoal e que se pode facer a distancia), e FP Básica de Arranxos e reparación de artigos téxtiles e de pel (referido ao sector Téxtil).

Así, no que se refire á oferta habitual, estes serán os ciclos que ofrece este centro formativo, un total de quince que están relacionados coas seguintes actividades profesionais: Administración e Xestión, Imaxe Persoal, Informática e Téxtil.

ADMINISTRACIÓN E XESTIÓN

–        FP Básica Servizos Administrativos.

–        Ciclo Medio de Xestión Administrativa.

–        CS Administración e Finanzas.

–        Ciclo Superior de Administración e Finanzas (dual).

–        Ciclo Superior de Asistencia á Dirección (modular).

IMAXE PERSOAL

–        Ciclo Medio de Peiteado e Cosmética Capilar.

–        Ciclo Medio de Estética e Beleza.

–        Ciclo Superior de Estilismo e dirección de Peiteado (dual).

INFORMÁTICA

–        Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes.

–        Ciclo Superior de Desenvolvemento de Aplicacións Web.

TÉXTIL

–        Ciclo Medio de Calzado e Complementos de Moda (dual).

–        Ciclo Medio de Confección e Moda.

–        Doble titulación Confección e Moda/Calzado e complementos de moda (dual).

En palabras do seu director, Enrique Sampil, “somos un instituto que despois de 40 anos segue a medrar converténdose nun dos de maior oferta do ensino lucense”.

O prazo de reserva de prazas rematará o vindeiro 4 de xullo.

ÚLTIMAS

Case un cento de persoas alzan a voz nos Peares en defensa do pobo palestino

A acción consistiu no despregamento de bandeiras palestinas con algunhas galegas na “ponte vella”,...

O BNG de Monforte defende a continuidade do Bar Anchoas

Os nacionalistas piden que goberno municipal actúe, que se inicie o procedemento necesario para...

Mellora de camiños rurais en Quiroga grazas ao parque móbil da Deputación

Os traballos incluiron o asfaltado e acondicionamento do firme en puntos como Bustelo de...

“O folclore como sinal de identidade do pobo”, Faladoiro deste 28 de maio en Quiroga

Aproveitando que maio é o mes das Letras Galegas, e que este ano están...