HomesociedadeReordenación do tráfico na rúa Doutor Casares de Monforte desde este 25...

Reordenación do tráfico na rúa Doutor Casares de Monforte desde este 25 de xuño

Este martes, 25 de xuño, levarase a cabo a reordenación do tráfico na rúa Doutor Casares debido ás obras de instalación da nova tubaxe da rede xeral de abastecemento de Monforte. A previsión é que as obras duren nesta zona arredor de dúas semanas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na actualidade atópase en execución a condución da tubaxe na rúa Doutor Casares, a 50 metros aproximadamente do cruce coa rúa San Pedro.

Neste punto, as obras fan necesario proceder ó corte da circulación de vehículos polo carril central, a fin de garantir a seguridade dos usuarios e traballadores.

Deste xeito, procederase ó corte do carril da rúa Doutor Casares de saída da cidade dende o cruce coa rúa San Pedro. Os  itinerarios alternativos para os condutores levaranse a cabo pola Estación e rúa Morín.

Corte San Pedro modificacións tráfico / Concello de Monforte

En novembro de 2022 deron comezo os traballos de instalación da nova tubaxe na rede xeral abastecemento de Monforte, logo de que o Alcalde de Monforte asinara no mes de xullo de 2022 coa empresa FCC Aqualia S.A., un preacordo para executar as obras do proxecto denominado “Desdobramento da rede xeral da distribución de Monforte”, proxecto que consiste na dotación dunha nova tubería xeral de fundición na rede de abastecemento de auga, entre os depósitos do Cornado e os depósitos de San Vicente, cun investimento de 1,7 millóns de euros.

O inicio das obras tivo na zona do Campo de fútbol de Ribasaltas e a obra foi avanzando en dirección á cidade, dende os depósitos do Cornado. O Alcalde salienta que “esta actuación suporá un antes e un despois na mellora da rede xeral de abastecemento de auga de Monforte”, e recorda que “con esta obra resolveremos un problema moi importante, xa que vai garantir que Monforte non se quede sen auga potable”.

ÚLTIMAS

A Asoc. Rechouchíos de Taboada creará un fondo de traxe tradicional galego

O Presidente da Deputación da Lugo, José Tomé Roca, vén de asinar un convenio...

Do 5 ao 10 de agosto Monforte celebra a XXIV edición de Artelemos

O Concello de Monforte vén de presentar o cartel anunciador e o programa da...

O BNG levará ao pleno provincial a demanda de mellora das infraestruturas e da xestión do regadío do Val de Lemos

O BNG buscará o acordo do pleno provincial para reclamar á Confederación Hidrográfica, ao...

A A.V. do Saviñao fala de “agravio comparativo” entre concellos na estrada provincial de Currelos a Monforte

A A.V. do Saviñao demanda á Deputación Provincial a mellora de dúas estradas en...