HomesociedadeIsabel Pardo de Vera será a pregoeira das Festas Patronais de Monforte

Isabel Pardo de Vera será a pregoeira das Festas Patronais de Monforte

O Alcalde, José Tomé, xustifica a escolla desta muller por conseguir, como Presidenta do ADIF, traer un investimento de 550 millóns de euros para mellorar e modernizar o corredor ferroviario que comunica as capitais de Lugo e Ourense a través de Monforte de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Pregoeira das Festas Patronais de 2024 será Dona Isabel Pardo de Vera. Así o anunciou o Alcalde, José Tomé, quen xustifica a escolla por ser esta “unha figura moi importante na historia recente da Cidade e da nosa provincia xa que sendo Presidenta do ADIF conseguiu traer unha inversión de 550 millóns de euros para mellorar e modernizar o corredor ferroviario que comunica as capitais de Lugo e Ourense a través de Monforte de Lemos“.

Abondando na importancia da súa xestión, Tomé lembrou que “esta é a maior inversión en ferrocarril da historia da Provincia de Lugo con obras que inclúen a electrificación do trazado, a renovación das vías, a implantación de novas instalacións de seguridade e o control de tráfico, melloras tamén nas telecomunicacións, a modernización de estacións como é o caso da de Monforte e a construción do novo túnel de Oural”.

ISABEL PARDO DE VERA

No que respecta á figura da protagonista do pregón deste ano, Isabel Pardo de Vera, cómpre sinalar que é enxeñeira de Camiños, Canais e Portos, iniciando a súa carreira no sector da enxeñaría e alcanzando postos de alta responsabilidade na xestión de Infraestruturas Públicas, Servizos e Regulación dos sectores Aéreo, Ferroviario, Marítimo, Carreteiras, Transporte Terrestre, Vivenda e Xeo-Información no Goberno de España.

Especializouse na coordinación e xestión de proxectos multidisciplinares de alto impacto no ámbito de multimodalidade, da enerxía e da industria, ligados sempre ao progreso económico e social dos territorios. Na actualidade é consultora autónoma en proxectos estratéxicos, docente en materia de Urbanismo e Mobilidade Sostible e docente homologada na Escola de Organización Industrial (EOI) nas materias seguintes: Entorno Económico, Transporte, Xestión e Organización de Empresas, Gobernanza e Sector Público, Responsabilidade Social Corporativa e Ética empresarial.

A TRANSCENDENCIA DOS INVESTIMENTOS FERROVIARIOS

A electrificación que se está a realizar estes anos suporá unha redución de costes operativos e un aumento nas prestacións, ademais de efectos positivos medioambientais que farán que aumente considerablemente a competitividade do ferrocarril como medio de transporte. As obras van permitir que os trens eléctricos circulen entre Ourense–Monforte-Lugo a 220-240 km/h en velocidade punta, estimando unha velocidade media en 160 km/h para percorrer os 115 kms que distan entre Ourense–Monforte-Lugo e que vai permitir chegar a Madrid no mesmo tempo que os viaxeiros que saen de cidades como Vigo ou Coruña.

Ademais, explicou Tomé, “a isto hai que engadir que durante a súa etapa na Secretaría de Estado, negociamos o novo Convenio de 7,5 millóns de euros, para facer realidade a variante urbana dende a rotonda desde a N-120 á actual N-120, que levaba parado dende 1.995 sen que ninguén conseguira sacar isto adiante e que agora, si se fará realidade”.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...