HomePolíticaPP e BNG cuestionan a elección da pregoeira das Patronais deste ano

PP e BNG cuestionan a elección da pregoeira das Patronais deste ano

O BNG lembra que a honra de dar o pregón sempre recaeu nun monfortino/a destacado/a que levou o nome da cidade polo mundo. Pola súa banda desde o PP consideran que Isabel Pardo de Vera, expresidenta de Adif, "é unha das responsables de que a provincia quedase fóra da Alta Velocidade ferroviaria".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os concelleiros do PP de Monforte cuestionan a elección realizada por José Tomé como pregoeira das festas do municipio: Isabel Pardo de Vera, expresidenta de Adif, por ser unha das responsables de que a provincia quedase fóra da Alta Velocidade ferroviaria.

A voceira do PP de Monforte, Katy Varela, sinala que “baixo a dirección desta persoa en Adif foi cando se condenou á provincia de Lugo a quedar sen Alta Velocidade”, a pesar de que na etapa anterior a súa chegada á presidencia deste órgano “un goberno do Partido Popular reservara os fondos e presentara os proxectos necesarios para que a Alta Velocidade chegase á provincia”. “Incluso había un prazo comprometido, o ano 2021”, sinalaron.

Deste xeito “premiar á persoa que nos deixou a todos os lucenses e aos monfortinos sen este servizo que teñen no resto de provincias galegas e da contorna non nos parece o máis axeitado”.

Pola súa banda desde o BNG sinalan, “Históricamente, a honra de dar o pregón recaeu nun monfortin@ destacad@ que levou o nome da cidade polo mundo. Con todo, o goberno municipal decididiu romper con esta tradición, optando por unha elección que suscitou críticas”.

O alcalde de Monforte de Lemos anunciou que o pregón deste ano será pronunciado por unha figura non orixinaria da localidade, xustificando a decisión en base á súa contribución ao investimento ferroviario na liña Lugo – Ourense. “Esta decisión foi percibida por algúns como un movemento político, a pesar de que o goberno municipal argumenta que se trata dunha elección “apolítica””, explican os nacionalistas.

“Non cuestiono os coñecementos desta muller, pero o pregón das festas non está para agasallar a ningún político. É unha mágoa ver como se utiliza este espazo para propaganda política.” Di Emilio J. Sánchez, voceiro municipal.

“O debate ao redor da elección do pregoeiro reflicte unha división na comunidade respecto ao papel que deben xogar as tradicións nas celebracións locais e como se xestionan as influencias políticas en eventos culturais”, conclúen desde o BNG.

ÚLTIMAS

Cuarta xornada de folga nas residencias privadas de maiores e centros de día

Como nas xornadas anteriores, desde a CIG informan que a folga estivo marcada polos...

Convenio de colaboración entre o Xeoparque Montañas do Courel e o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia

O Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel e o Colexio Oficial de Biólogos...

Concerto de acordeón no ciclo ‘Primavera Musical’ en Sober

Os amigos e amigas da música instrumental teñen o vindeiro 25 de maio unha...

O concello de Monforte requerirá a Aqualia para dar solucións integrais aos problemas de Escultor Francisco Moure e Reboredo

O contrato do concello de Monforte con Aqualia naceu no 2001, "xa dende o...