HomesociedadePop, Rock e Rancheras en Las Vegas de San Clodio

Pop, Rock e Rancheras en Las Vegas de San Clodio

O sábado 27 actuará pola noite o dueto ourensán Soul & Roll, e o domingo en sesión vermú a formación Movilla & Los Irrepetibles.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A terraza do Hotel Restaurante Las Vegas de San Clodio, en Ribas de Sil, continúa a súa programación musical de verán esta vindeira fin de semana. Nesta ocasión con sesión nocturna de sábado e con sesión matinal de domingo. Todas as actuación son de balde e pódese asistir a elas aínda que non se estea aloxado no hotel.

O día 27 a partir das 23:00 h. estará na ‘Pista de Las Vegas’ o dueto acústico de versións Soul & Roll, chegado de Ourense e integrado por Tamara Pérez e Miguel Araújo. 

SOUL & ROLL

Miguel Araújo e Tamara Pérez, guitarra e voz do grupo respectivamente, forman este dueto que ofrece un repertorio coidadosamente escollido cunha selección de cancións emblemáticas e grandes clásicos do pop-rock español dos anos 80 de grandes artistas como: Luz Casal, Miguel Ríos, Mecano, La Guardia, Siniestro Total, Los Secretos, Danza invisible, Manolo García, Antonio Flores, Nacha Pop, Alaska… e tamén dos anos 90 ata a actualidade como: Fito e Fitipaldis, La Oreja de Van Gogh, Mclan, Manolo García, Maná…

Ademais deste repertorio en español, tamén se poderá escoitar na terraza do Hermida Rural unha escolma de grandes temas internacionais de onte e de hoxe de artistas como: Queen, Creedence Clearwater Revival, Jackson Five, Journey, Police, U2, Bon Jovi, Nirvana, Guns and Roses, Jason Mraz, Avicii, Pharrel Wiliams, Bruno Mars, Adele, Rihana, Camila Cabelo, Ed Sheeran… e moitos máis que poden aparecer durante o concerto.

TAMARA PÉREZ E MIGUEL ARAÚJO

Tamara Pérez traballou en orquestras durante anos e participou no concurso ‘Recantos’ (2011) do Luar, importante trampolín na súa carreira. Ademais da música, co dueto Soul & Roll, leva anos traballando no medio televisivo. Despois de varios anos como presentadora en Tele Miño -Ourense- deu o salto á TVG, onde destaca como colaboradora no programa BamboleoMiguel Araújo, tamén con experiencia en orquestras, é músico e compositor. Actualmente compaxina as clases de música con actuacións co grupo por toda Galicia.

E para o domingo 28, festa na ‘Pista’ da man de Movilla & Los Irrepetibles a partir das 13:30 h.  Este grupo xa estivo no programa musical do 2023 e deixou tan bo sabor de boca que por aclamación popular fixeron posible que este ano repitan no local de San Clodio.

MOVILLA & LOS IRREPETIBLES

Javier Movilla é a alma mater desta formación. Natural de Castro Caldelas, é un amante da música Mexicana e un personaxe irrepetible. O seu carácter afable reflíctese no espectáculo, no que rende homenaxe aos grandes autores e intérpretes do xénero, desde os clásicos como Jorge Negrete, Vicente Fernández ou Chavela Vargas, ata versións de coñecidísimos artistas nacionais como Joaquín Sabina, Revolver, Los Segredos, Loquillo, Miguel Ríos ou Antonio Flores.

Se non os coñecedes tedes que ir ao vermú pois gozaredes dun concerto divertido, peculiar e repleto de momentos únicos.

ÚLTIMAS

A técnica do Esgrafiado no Censo do Patrimonio Cultural de Galicia

Nesta semana publicábase no Diario Oficial de Galicia, esta técnica tradicional de albanelaría que...

“A cantiga máis longa” este 24 de novembro na igrexa de San Pedro de Bembibre en Taboada

A interpretación vocal de Paloma Gutiérrez del Arroyo e a instrumental de Manuel Vilas,...

Contacontos teatralizado de igualdade este 24 de novembro na casa da cultura de Monforte

O Concello de Monforte, a través da Concellaría de Muller e Igualdade, organiza para...

Se sodes entroideiros podedes apoiar este proxecto: a maior guía visual das máscaras do país

As Escolas de Ensino Galego Semente impulsan unha acción para amosar a nenos e...