HomesociedadeTarefas de conservación nas marxes do río Cabe de Monforte desde este...

Tarefas de conservación nas marxes do río Cabe de Monforte desde este 2 de setembro

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anunciou este sábado que o vindeiro luns, 2 de setembro, comezarán as tarefas de conservación e mantemento das marxes do río Cabe para reparar os danos tras as crecidas do inverno.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Actuarase nos elementos de contención e estabilización que se atopan en mal estado e que precisan dunha rehabilitación para garantir a súa estabilidade. “Con este conxunto de actuacións favorecese a capacidade hidráulica, diminúese o risco de afeccións a infraestruturas e mellorarase o uso social do río”, afirma o alcalde.

Estas obras terán un custo de 17.486,03€ e desenvolveranse ao abeiro do encargo establecido entre a Deputación de Lugo e o seu medio propio, Tragsa, para o mantemento das zonas verdes, entre as que se inclúe a contorna do río Cabe.

Nun primeiro tramo vaise levar a cabo a recuperación e estabilización da marxe fluvial nun treito de aproximadamente 30 metros de lonxitude mediante o uso de técnicas tradicionais. A proximidade dun paseo e a existencia de muros de fincas particulares fai necesario estabilizar esta marxe con técnicas construtivas tradicionais de escollera.

Pola súa banda, vaise actuar nun segundo tramo onde se atopa estabilizada cunha escollera, pero que presenta varios puntos debilitados pola forza da auga que xerou ocos que poden comprometer a súa estabilidade. Neste caso, vanse cubrir ditos ocos mediante o retacado con pedra de similares características ás actuais, co obxectivo de impedir que se poida erosionar máis o interior da escollera.

Para a realización destes traballos será necesario que o nivel das augas estea o máis baixo posible. Por iso, o Concello prevé actuar en época de estiaxe e abrirá a presa do Parque dos Condes para rebaixar o calado na zona de traballo, e que permita así traballar en condicións óptimas para as actuacións nas escolleras. O prazo de execución dos traballos estímase en 2 semanas.

“Desde o Concello de Monforte de Lemos, somos plenamente conscientes da importancia que ten o río Cabe para a nosa cidade, non só como un elemento natural que embelece o noso entorno, senón tamén como un recurso vital para o noso ecosistema e a seguridade dos nosos veciños. Tralo inverno pasado, onde as crecidas do río afectaron de maneira significativa a diversos puntos das marxes, os elementos de contención e estabilización sufriron danos importantes que precisamos reparar”, afirma o Alcalde.

ÚLTIMAS

A aldea do Cotillón, un exemplo da tendencia por decorar as aldeas do rural no Nadal

As decoracións de Nadal a nivel particular e a nivel público semella que van...

Preséntase o proxecto para a urbanización da Zona D

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada,...

O humorista Alberte Montes presenta “Patrón” este 27 de decembro na Casa da Cultura de Monforte

Patrón é un espectáculo moi especial. Unha homenaxe a esa figura icónica da cultura...

O pleno do CRDO quere reducir rendementos en viña e limitar novas plantacións

O pleno decidiu por unha banda solicitar unha modificación de prego de condicións en...