HomeCulturaPrazo de inscrición aberto para o curso 2024-25 nas Escolas Municipais de...

Prazo de inscrición aberto para o curso 2024-25 nas Escolas Municipais de Música e de Danza de Monforte

O Concello de Monforte ten aberto o prazo de inscrición tanto na Escola Municipal de Música como na Escola Municipal de Danza para o curso 2024/25. As clases darán comezo o luns día 16 de setembro de 2024 e rematarán o venres día 13 de xuño de 2025.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Para realizar as inscricións os interesados deberán dirixirse á Secretaría do Edificio Multiusos en horario de mañá entre as 10:00 e as 13:00 horas.  Tamén é posible a inscrición a través da Sede electrónica do Concello, no apartado “Meus trámites”.

As especialidades que se ofertan en música a partir dos 6 anos:

  • Percusión Moderna: batería, bongós,…
  • Percusión tradicional galega: pandeireta, tamboril, bombo e pandeiro.
  • Teclado
  • Violín
  • Guitarra, Ukelele
  • Gaita, Clarinete, Frauta, Saxofón
  • Trompa, Trompeta, Trombón de varas, Tuba/Bombardino
  • Canto Coral
  • Canto tradicional galego: canto con pandeireta
  • Linguaxe musical

En música, a ensinanza instrumental completarase con clases de linguaxe musical, así como participación en grupos colectivos que se organicen na Escola.

As especialidades ofertadas en Danza son:

  • Danza tradicional galega: a partir de 5 anos.
  • Danza contemporánea / moderna: a partir de 9 anos.
  • Ballet clásico: a partir de 5 anos.

As clases de danza ofertadas contarán cunha didáctica máis académica centrada nas técnicas do desenvolvemento da estabilidade, a rotación, a liña, a expresión…, atendendo ós principios básicos imprescindibles para unha correcta aprendizaxe. Levarase a cabo unha orientación, si é o caso, cara un ensino de carácter profesional cando as aptitudes e a vocación do alumno/a así o aconsellen. Formaranse así grupos colectivos por niveis e idade nas 3 modalidades de danza.

Dende o Concello de Monforte inténtase desta forma consolidar, con todas estas especialidades, unha oferta ampla e variada para a escola, tanto en música como en danza.

ÚLTIMAS

O 7 de novembro preséntase no Auditorio Municipal de Chantada o Tomo XI da revista Alicerces

O arqueólogo e investigador lugués Xurxo Ayán será o mestre de cerimonias na presentación...

Axenda de teatro afeccionado para a vindeira fin de semana nos concellos do Sur de Lugo

A Vicepresidencia da Deputación fomenta a inclusión de teatro afeccionado nas axendas culturais dos...

Xornadas Lactouras do 3 ao 5 de decembro en Monforte

A Asociación Micolóxica Os Lactouros organiza unha nova edición das súas Xornadas Micolóxicas, que...

Como un exsindicalista deixa tiradas ás traballadoras da limpeza dos centros educativos?, pregúntase CCOO sobre Tomé

Lembran que as traballadoras de limpeza nestes centros de ensino levan máis de 'un...