Este domingo, 8 de agosto, o Concello de Chantada celebrou a Romaría do Faro, unha das súas citas máis tradicionais que leva ata o Monte Faro a milleiros de persoas devotas da Virxe do Faro.
A cita desde domingo coñécese como Festa da Natividade no Faro Grande e comeza na véspera, o 7 de agosto, co traslado da Virxe (a filla) desde a igrexa da parroquia de Requeixo para atoparse coa Virxe (a nai) que se garda na ermida do Faro.
Romaría do Faro 2024 / Concello de Chantada
Despois deste encontro, os actos centrais de celebración desenvólvense o día 8 de setembro no Santuario do Faro con misas que se desenvolven cada hora desde as 8.00h da mañá, tendo a Misa Solemne ás 13:00h. Despois da misa qua terá lugar este luns ás 17:00h no Faro, a Virxe baixa de novo a Requeixo onde haberá unha celebración litúrxica ás 19:30h. Ademais da romaría do 8 de setembro, o Faro Grande; o 15 de agosto tamén se honra á Virxe na celebración do Faro Pequeno.
Romaría do Faro 2024 / Concello de Chantada
A Virxe do Faro conta con grande devoción en Chantada e contorna polo que moitos romeiros soben ao Faro para asistir ós actos litúrxicos e participar de comidas campestres. A maioría das persoas chegan á cima do Monte Faro, a 1.155 m de altura, en coche, e moitas fano polo Camiño da Virxe onde é habiual ver a xente que sobe descalza ou de xeonllos ata chegar ao Santuario. Unha vez arriba as mostras de devoción sucédense, ben con velas ou querendo tocar ás Virxes que durante toda a mañá están expostas ao carón do altar ao aire libre no que teñen lugar os diferentes actos litúxicos, que nesta ocasión estiveron cantados polo grupo O Trícole.
Entrega á virxe do faro das xoias elaboradas no obradoiro impartido pola ourive susi gesto
As xoias creáronas 25 persoas de todas Galicia, que participaron do obradoiro “Virxe do Faro”, que impartiu a ourive compostelá, Susi Gesto, esta primavera na “Casa Losada” de Sabadelle. Colaborou da iniciativa o Concello de Chantada, o Bispado de Lugo e a Fundación Pública da Artesanía de Galicia.
Romaría do Faro entrega xoias Virxe do Faro / Concello de Chantada
Antes da presentación das xoias ao Bispo de Lugo, a veciñanza de Sabadelle e Susi Gesto ultimaron detalles para a ofrenda destas pezas e a súa entrega ao acalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela. As novas xoias foran presentadas ao público no Pazo de Sabadelle durante o mes de xuño con motivo da mostra, “O tempo que ficou no olvido”.
Romaría do Faro entrega xoias Virxe do Faro / Concello de Chantada
As xoias que luciron nai e filla gustaron aos romeiros congregados este domingo no Faro. Pola súa banda Manuel Lorenzo Varela destacaba a importancia de poñer en valor as tradicións, “A Romaría do Faro atrae cada ano a milleiros de fieis que desfrutan do 8 de setembro neste lugar tan emblemártico para as xentes de Chantada. Na Romaría do Faro mestúranse festa e devoción que xunta a familias enteiras que pasan aquí a xornada. Co acto de hoxe amósase o noso apoio a todo o que supoña poñer en valor o noso patrimonio e dignificar os nosos costumes e tradicións”.
Romaría do Faro entrega xoias Virxe do Faro / Concello de Chantada