HomesociedadeCurso de Ciberseguridade para mulleres, do 23 ao 27 de setembro, no...

Curso de Ciberseguridade para mulleres, do 23 ao 27 de setembro, no Centro de Competencias Dixitais de Renfe en Monforte

O Centro de Competencias Dixitais de Renfe (CCD) en Monforte de Lemos, xestionado por LogiRAIL (filial de Renfe), abre as súas portas este mes de setembro para impartir o curso ‘Inclusión da muller na ciberseguridade e concienciación de riscos dixitais’.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta formación gratuíta, que será a primeira que leve a cabo especialmente para mulleres, busca fomentar a súa incorporación ao mercado laboral nun ecosistema tecnolóxico maioritariamente masculino.

A formación terá lugar do 23 ao 27 de setembro no propio centro monfortino, cunha duración de 25 horas. O curso vai dirixido a todas aquelas mulleres que mostren un especial interese e motivación por desenvolverse na área da ciberseguridade ou estean interesadas en dedicarse profesionalmente a iso. Moi recomendable para todas aquelas que actualmente estean ou cursasen titulacións STEM.

O prazo de inscrición atópase aberto, ata completar un máximo de 20 asistentes. As interesadas xa poden inscribirse enviando un correo electrónico a gestionrrhh.serviciostecnologicos@logirail.com

Grazas á rede de Centros de Competencias Dixitais de toda España, LogiRAIL xa creou máis de 300 empregos e continuará crecendo co obxectivo de crear máis de 400 ata 2025. O de Monforte de Lemos, onde Renfe investiu case 1 millón de euros, cumpriu a finais de marzo o seu primeiro ano en funcionamento e é un referente na xeración de emprego novo e local. Na actualidade emprega a 11 persoas, das cales o 90% son monfortinas, e irá aumentando de forma progresiva ata chegar aos 35-40 profesionais. Ademais, xeráronse un total de 25 empregos indirectos no municipio

ÚLTIMAS

Entrega dos premios do ‘Mondial de Vins Extremes’ e xantar de Nadal da D.O. Ribeira Sacra

A D.O. Ribeira Sacra vén de celebrar a súa tradicional comida de Nadal, un...

‘Feira de Nadal’ para dinamizar o comercio local e a artesanía en Quiroga

O Equipo de Goberno do Concello de Quiroga organiza unha Feira de Nadal coa...

Queres ser paxe na Cabalgata dos Reis Magos de Chantada?

As prazas para participar son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Os pais...

O PP de Monforte celebra o investimento anunciado para a rede de abastecemento e espera que “non quede en papel mollado”

Os populares aseguran que “temos claro que o alcalde se moveu grazas á nosa...