HomesociedadeA Asociación AGORA de Monforte celebra este 27 de setembro xornada de...

A Asociación AGORA de Monforte celebra este 27 de setembro xornada de portas abertas

A Asociación AGORA, en colaboración co Concello de Monforte de Lemos, celebrará mañá, venres 27 de setembro, unha xornada de portas abertas inclusiva para dar a coñecer os servizos que presta a entidade, ademais de sensibilizar a poboación sobre a realidade das persoas con discapacidade

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A xornada terá lugar na Casa da Cultura e, se o tempo o permite, na explanada da Praza de España. De 11:30 a 13:30 e de 16:00 a 18:00, a cidadanía poderá achegarse aos diferentes postos habilitados pola entidade nos que exporán os traballos elaborados artesanalmente polas persoas usuarias de AGORA. Entre os proxectos que se amosarán destacan os realizados en talleres de mosaico, costura e cociña, entre outros.

Unha das actividades principais será o trazado dun circuíto inclusivo que permitirá ás persoas asistentes experimentar, a través de xogos e probas, algúns dos retos que afrontan no seu día a día as persoas con discapacidade. Ademais, instalarase un posto informativo sobre os recursos e servizos da asociación, e proporcionarase información sobre dereitos e beneficios asociados ao certificado de discapacidade e á solicitude de dependencia.

A xornada pecharase pola tarde coa intervención do presidente de AGORA, Isaac Rodríguez e o Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca. Ao finalizar o acto, realizarase un pequeno sorteo entre as persoas participantes. Esta iniciativa ten como obxectivo visibilizar o traballo realizado por AGORA e promover a inclusión e sensibilización en torno á discapacidade na nosa sociedade

ÚLTIMAS

Respira, II Xornadas de Benestar do 8 ao 10 de outubro no Ateneo Casino de Monforte

O Ateneo Casino acollerá do 8 ao 10 de outubro un encontro que convida...

6 compañías do sur da provincia no Circuíto de Teatro Afeccionado que ten en marcha a Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación ten en marcha unha nova edición do Circuíto de Teatro...

Cortes de tráfico este 6 de outubro na Avda de Galicia de Monforte por obras de asfaltado

Esta actuación forma parte da mellora da Avenida de Galicia e a rúa Chantada...

Pantón comeza este 6 de outubro unha nova tempada de “Por que nos xuntamos os homes?”

En novembro do pasado ano o Concello de Pantón desde o departamento de Servizos...