Homesociedade13 medallas no Mondial des Vins Extremes para os viños da D.O....

13 medallas no Mondial des Vins Extremes para os viños da D.O. Ribeira Sacra

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra acadou excelentes resultados na recente edición do Mondial des Vins Extrêmes 2024, un certame enolóxico de referencia mundial para os viños producidos en rexións de montaña ou mediante viticultura heroica.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Mondial des Vins Extrêmes, celebrouse no Val de Aosta, Italia, os días 29 e 30 de setembro, contando coa participación de 356 adegas de 25 países e un total de 1.015 viños inscritos. O xurado, composto por 50 técnicos catadores internacionais, outorgou 64 Grandes Medallas de Ouro e 241 Medallas de Ouro, entre outros premios especiais.

Da D.O. Ribeira Sacra participaron 16 adegas cun total de 39 mostras, que obtiveron 13 medallas:

Gran Medalla de Ouro:

  • Godello Pazo da Maga 2023 – Pazo da Maga S.L.U. (Sober, Lugo)
  • Mencía Quitapesares 2020 – Adega Vella Xeracions S.L. (Abeleda)

Medalla de Ouro:

  • Vía Romana Mencía La Heroica 2019 – Adega e Viñedos Vía Romana (Chantada, Lugo)
  • Pizarras y Esquistos 2021 – Adega Ponte da Boga S.L. (Castro Caldelas, Ourense)
  • Brancellao 2022 – Pazo de la Cuesta (Ribas de Sil)
  • Mencía Don Xoan 2023 – Bodega Gullufre (Sober, Lugo)
  • Mencía Prómine Singular 2023 – Bodegas Petrón S.L. (Doade, Sober, Lugo)
  • Mencía Don Bernardino Ibio 2021 e Mencía Don Bernardino Carcava 2023 – Don Bernardino (Sober, Lugo)
  • Mencía Don Cosme 2022, As Covas 2019 e Godello Inseparables 2021 – EDV S.L.U. (Quiroga, Lugo)
  • Origen 2020 – Regina Viarum S.L. (Sober, Lugo)

Este concurso busca promover e poñer en valor a viticultura en zonas con dificultades extremas; viños producidos en rexións de montaña ou procedentes de cultivos heroicos (terrazas ou terreos con máis do 30% de pendente ou altitude superior a 500 metros s.n.m. ou das pequenas illas). Ademais de recoñecer a singularidade destes viños, o certame destaca o esforzo dos viticultores e adegas na conservación do medio ambiente e o territorio. Esta competición forma parte da Federación dos grandes concursos enolóxicos internacionais (VINOFED). O recoñecemento acadado no Mondial des Vins Extrêmes subliña a relevancia desta denominación dentro do panorama internacional dos viños de montaña.

ÚLTIMAS

O BNG de Monforte leva a pleno un punto de información turística na Compañía

Explican os nacionalistas que o tramo da rúa Doutor Casares máis próximo ao centro...

Mario Obrero presenta o libro ‘Con e de curcuspín’ este 26 de maio na Pobra do Brollón

Con e de curcuspín é un ensaio no que a reflexión lingüístico-literaria mestúrase coa...

Un ferido nun accidente de tráfico na LU-109 en Monforte de Lemos

Un condutor resultou ferido este sábado en Monforte de Lemos ao impactar contra unha árbore o...

O IES A Pinguela participou nas ‘Rutas Científicas, Artísticas e Literarias’ do Ministerio de Educación

23 alumnos de 2º ESO A+B do IES A Pinguela remataron a súa participación...