Homesociedade128 persoas benefícianse na comarca de Lemos do servizo Xantar na casa

128 persoas benefícianse na comarca de Lemos do servizo Xantar na casa

A portavoz de Asuntos Sociais do Grupo Popular, Raquel Arias, salienta que 128 persoas da comarca de Lemos poden beneficiarse, neste momento, do servizo Xantar na casa, unha prestación financiada pola Xunta de Galicia, en colaboración cos concellos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O servizo consiste na subministración de comidas no propio domicilio a persoas maiores de 60 anos que teñan limitada a súa capacidade de autonomía persoal e sen rede de apoio que puidera suplir tal situación.

Raquel Arias explicou que estas persoas reciben nos seus propios domicilios un menú para cada día, consistente nun primeiro prato, segundo prato e postre, que só terán que quentala antes de consumila. “Estamos a falar dun programa social, xa que non só reparte comida a domicilio, senón que ten como obxectivo principal mellorar a calidade de vida das persoas atendidas”, manifestou.

“O programa garante unha dieta saudable, adaptada e equilibrada ás necesidades específicas de cada usuario, principalmente maiores que viven sós”, indicou a portavoz popular. Ademais, apuntou que este servizo “deriva nunha serie de beneficios tanto para os que o utilizan como para as súas familias, xa que posibilita a permanencia dos usuarios nos seus fogares e facilita atención e coidados ás persoas que o precisen na súa propia contorna, evitando así o seu desarraigo e retardando posibles traslados a centros de atención”.

ÚLTIMAS

Todo listo para o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

A conta atrás para a sétima edición do 'Festival do Viño da Ribeira Sacra...

As comarcas de Lemos e Quiroga fan que diminúa o paro na zona sur da provincia en xuño

Por comarcas, as de Lemos e Quiroga foron as que tiveron un mellor comportamento,...

O PP pide no Congreso acceso aos expedientes dos contratos na liña ferroviaria Monforte-Lugo que aparecen nos informes da UCO

O deputado monfortino no Congreso dos Deputados, Francisco Conde, e a deputada autonómica...

O BNG demanda a Transportes melloras na N-120A ao seu paso por Pantón

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, sinala a urxencia dos traballos de...