HomesociedadeA memoria do guerrilleiro Ramón Yáñez volve a Monforte

A memoria do guerrilleiro Ramón Yáñez volve a Monforte

O Concello de Monforte de Lemos organiza un acto de homenaxe ao guerrilleiro monfortino Ramón Yáñez Pereira, asasinado polas forzas de represión franquista o 13 de xullo de 1943 na Caseta de Ansemil (Celanova). O acto terá lugar na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, o luns 11 de novembro ás 20:00h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta homenaxe dá continuidade á celebrada en Celanova o pasado mes de xullo, coincidindo co 81º aniversario da morte de Yáñez Pereira. O acto contará coa participación do alcalde de Monforte de Lemos e presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca.

O artista plástico, Baldomero Moreiras, fará unha presentación do cartel que honra a memoria do guerrilleiro, e o historiador Carlos Morais, do Comité pola Memoria Histórica do Val do Límia, ofrecerá unha conferencia sobre os resultados das súas investigacións sobre a figura de Ramón Yáñez, un dos xefes da guerrilla que operaba nos anos corenta na raia na área do Laboreiro.

Os colectivos memorialísticos do Val do Limia e da Terra de Celanova agradecen a implicación do Concello de Monforte de Lemos, imprescindíbel tanto no eido da divulgación da figura de Ramon Yáñez como na busca de familiares que poidan achegar novos datos sobre o guerrilleiro, tamén coñecido como O Médico.

Ramón Yáñez Pereira é unha das 90 vítimas da represión durante a guerra e a ditadura que o Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova ten documentado o seu soterramento no cemiterio de San Breixo de Celanova e que, após do traballo conxunto co Grupo Histagra (USC), ficarán recoñocidas cun memorial que se instalará nos próximos meses nese camposanto, lugar de memoria.

Caseta de Ansemil / Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova

ÚLTIMAS

O CC Ponte Vella de Ourense celebra o seu 24º aniversario

Durante dúas semanas, visitantes, familias e amigos poderán gozar de talleres, exposicións, xogos, espectáculos...

O PP pídelle á Deputación reparto igualitario dos fondos

No documento que se elaborará coas achegas que realicen os representantes do PP de...

Presentado o cartel do ‘Xanela Fest’ que promove a operadora chantadina Xanela

Este venres 10 de outubro presentouse en Guntín o cartel do Xanela Fest, evento...

O PP anuncia no Parlamento que a Xunta investirá 30M€ no Hospital de Monforte, mentres o BNG reclama solucións ás listas de espera

A iniciativa nacionalista demandaba garantir a cobertura completa de prazas nos servizos con maiores...