HomesociedadeO 20 de novembro haberá baixada de presión na subministración de Monforte...

O 20 de novembro haberá baixada de presión na subministración de Monforte por obras

Este mércores 20 de novembro, procederase á realización dos traballos para conectar a nova tubaxe xeral da rede de distribución de auga de Monforte co entronque do depósito de San Vicente, polo que o concello informa dunha redución na subministración da rede actual.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

En concreto, acometerase a conexión da nova tubaxe coa instalación de chaves de paso e demais elementos necesarios para propiciar o subministro a dito depósito de San Vicente e ás rúas que reciben a auga potable antes de chegar a San Vicente.

Por este motivo, levarase a cabo unha redución no subministro que non suporá o corte da auga, senón que so producirá unha baixada de presión na mesma, e que está programado para este mércores 20 de novembro, entre as 8 horas da mañá e as 5 horas da tarde (17:00 h).

As rúas que se verán afectadas serán a parroquia de Reigada, onde se producirá un corte de subministración en toda Reigada.

A baixada de presión afectará, en ambas marxes das rúas Rosalía de Castro, Doutor Casares, Concepción Arenal, Doutor López Suárez, Poeta Noriega Varela, Condesa Pardo Bazán, Vilanova, Morín, Rioseco, Juan Montes, Padre Feijoo, Ramón Cabanillas, Mato e rúa das Cruces, dado que estas rúas abastécense antes de que a tubaxe xeral chegue ós depósitos de San Vicente.

“Dende o Concello agradecemos a comprensión dos veciños e reiterarlles as desculpas polas molestias que estes traballos de mellora poidan ocasionar, pero é un paso necesario, que unha vez rematadas as obras, vai permitir que xa non haxa máis avarías na tubaxe xeral de abastecemento de Monforte, o que sen dúbida, é unha boa noticia”, salienta o Alcalde.

Nova tubaxe da rede xeral de abastecemento de Monforte

En novembro de 2022 deron comezo os traballos de instalación da nova tubaxe na rede xeral abastecemento de Monforte, logo de que o alcalde de Monforte asinara no mes de xullo de 2022 coa empresa FCC Aqualia S.A., un preacordo para executar as obras do proxecto denominado “Desdobramento da rede xeral da distribución de Monforte”, proxecto que consiste na dotación dunha nova tubería xeral de fundición na rede de abastecemento de auga, entre os depósitos do Cornado e os depósitos de San Vicente, cun investimento de 1,7 millóns de euros.

O inicio das obras foi na zona do Campo de fútbol de Ribasaltas e foise avanzando en dirección á cidade, dende os depósitos do Cornado. O alcalde salienta que “esta actuación suporá un antes e un despois na mellora da rede xeral de abastecemento de auga de Monforte”, e recorda que “con esta obra resolveremos un problema moi importante, xa que vai garantir que Monforte non se quede sen auga potable”.

ÚLTIMAS

Comeza a andar un novo Obradoiro de Emprego de Xardinaría en Bóveda, O Incio e A Pobra do Brollón

Este Obradoito Dual de Empreo está promovido polos concellos e financiado pola Consellería de...

“O perpetuo movemento da creación” no Centro do Viño da Ribeira Sacra

Cristina Vázquez, nacida en Barcelona en 1973, estudou arte, deseño de moda e patronaxe....

Sober convoca 4 certames de Nadal

O Concello de Sober vén de anunciar catro concursos para fomentar a participación da...

OPINIÓN: As mulleres traballadoras poderán ampliar o seu permiso de maternidade se encabezan unha familia monoparental

Por nacemento e coidado do menor (o que antes viña sendo o “permiso de...