HomesociedadeContacontos teatralizado de igualdade este 24 de novembro na casa da cultura...

Contacontos teatralizado de igualdade este 24 de novembro na casa da cultura de Monforte

A actividade terá lugar ás 18:00h na Casa da Cultura e forma parte do programa de actividades do 25N do Concello de Monforte

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte, a través da Concellaría de Muller e Igualdade, organiza para este domingo 24 de novembro ás 18:00h., no Salón de Actos da Casa da Cultura un Contacontos teatralizado de igualdade Dúas nenas moi moi valentes dirixido a público familiar. A obra cunha duración de 45 minutos ten entrada gratuíta ata completar o aforo.

A compañía Trémola Teatro, integrada por profesionais das artes escénicas, porá en escena a historia de dúas nenas que, nunha festa de pixamas, descobren un libro secreto cheo de historias fascinantes con mulleres como protagonistas.

Esta actuación está enmarcada dentro da programación que a Concellería de Muller e Igualdade, a través do Centro de Información a Muller, realiza co gallo do 25 de Novembro Dia Internacional para eliminación da violencia de xénero.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...