HomesociedadeCortes no servizo de subministro eléctrico na parroquia de Gullade por actuacións...

Cortes no servizo de subministro eléctrico na parroquia de Gullade por actuacións de mantemento e mellora

O Concello de Monforte informa que este luns, 16 de decembro, e o xoves, 19 de decembro, produciranse dous cortes no subministro eléctrico na parroquia de Gullade, por parte da empresa Unión Fenosa-Naturgy

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Unión Fenosa-Naturgy efectuará traballos de mantemento e mellora na rede eléctrica, os cales son precisos para poder atender nas mellores condicións as necesidades de subministro.

Este luns, 16 de decembro, produciranse interrupcións no subministro de electricidade entre as 13:00 e as 14:00 horas, que afectarán ás vivendas situadas na estrada de Barrio-Gullade, en Santo Acisclo e en Borcos.

O vindeiro xoves 19 de decembro, os cortes no subministro de electricidade afectarán de 11:30 a 12:30 horas ás vivendas situadas na estrada de Barrio-Gullade, en Santo Acisclo e en Borcos.

Desde o concello desculpen as posibles molestias que estes cortes poidan ocasionar.

ÚLTIMAS

Monforte licita o PXOM por 859.100€ e un prazo de execución de 60 meses

Co envío do anuncio de licitación ábrese o procedemento de contratación e o prazo...

O CCU de Monforte avanza na súa continuidade ao coñecer a posibilidade dunha candidatura á directiva

O interese expresado durante a asemblea, xunto co trasladado por teléfono por outros socios,...

Plácida Pérez Pazos, nova centenaria en Sober

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, achegouse este venres 30 de outubro a...