HomesociedadeNova xuntanza da Comunidade de Aprendizaxe Montes de Saberes, o 22 de...

Nova xuntanza da Comunidade de Aprendizaxe Montes de Saberes, o 22 de xaneiro no Auditorio de Escairón

O vindeiro mércores 22 de xaneiro no Auditorio de Escairon (O Saviñao), entre as 17:30 e as 22:00, terá lugar unha nova xuntanza da Comunidade de Aprendizaxe Montes de Saberes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A actividade enmárcase no proxecto Comunidades Rurais Sostibles Galicia desenvolvido por Acción contra a Fame e cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus e Fundación MAPFRE, na que se abordarán e explorarán os recursos para activar a xestión dos Montes da zona e os comunais.

Nesta xuntanza contarase coa participación de Francisco García da Fundación Juana de Vega, Alberto Molares (asesor Técnico de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia e socio da Fundación Galicia Verde) e con Daniel Dieguez que dinamizará unha actividade para explorar iniciativas para impulsar as nosas comunidades de montes e monte privado.

Convídase a participar a todas aquelas persoas que aposten por un rural forte, sostible e cheo de oportunidades.

ÚLTIMAS

San Clodio en festas

Este xoves 30 de outubro xa houbo actividade festeira en San Clodio, empezando ás...

Monforte destina 30.000€ a axudas ao emprendemento

A estas axudas poderán acollerse os autónomos e as pequenas e medianas empresas (PEME)...

Pontón urxe en Sarria a que a Xunta remate o desdobre de Nadela, “que Feijóo comprometera para o 2020”

Pontón visitou este mércores en Sarrria, as instalacións de Galimplant, empresa referente no ámbito...

D.O. Ribeira Sacra, presente na feira Mediterránea Gastrónoma de Valencia

Gastrónoma é un dos principais puntos de encontro do sector da gastronomía e da...