O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado por diversos membros do Equipo de Goberno e da Corporación municipal, recibiu na Estación do Ferrocarril de Monforte ás Súas Maxestades os Reis Magos, que como cada 5 de xaneiro volveron visitar Monforte para facer realidade as ilusións de nenos e nenas da cidade.
A choiva non impediu a saída da Comitiva Real, que estivo integrada por catro carrozas, unha coa Estrela de Nadal e 3 para os Reis Magos e seus paxes. Os paxes foron alumnos de sexto de primaria dos centros de ensino da cidade. Ademais na comitiva tamén participaron o Grupo de Gaitas do Concello, así coma outros grupos musicais e decorativos, con formas de animais e de coloridas figuras humanas.
A Comitiva Real partiu dende a Praza da Estación, e percorreu as rúas de Calvo Sotelo, Roberto Baamonde, Cardeal e a Avenida de Galicia (Ponte Novo), finalizando no Campo de Santo Antonio ante a Casa do Concello. A climatoloxía non impediu o desenvolvemento da Cabalgata Real que se desenvolveu sen incidencias.
Reis Magos 2025 / Concello de Monforte de Lemos
Dende o balcón da Casa Consistorial, deron lectura ó Discurso real e repartiron caramelos entre os asistentes congregados na praza. Finalmente os Reis Magos recibiron ós nenos e nenas que quixeron coñecelos e levar un recordo da súa visita, sacándose fotografías con eles.
Cabalgata de Reis Chantada 2025 / Concello de Chantada
Cabalgata de Reis Chantada
A Cabalgata dos Reis Magos en Chantada comezou na Domus VI tras visitar ás persoas residentes. Acurtouse o percorrido e os tres Reis Magos foron nunha carroza. A climatoloxía repectou e numerosas familias cos seus fillos e fillas participaron da cita.
Cabalgata de Reis Chantada 2025 / Concello de Chantada
Participou a Banda Infantil da Casa da Música de Chantada tocando na rúa e diante do Auditorio. Abría a Cabalgata unha zancuda e uns osos grandes.
Na entrada do Auditorio fíxose a tradicional fotografía do alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela e do concelleiro de Cultura, Manuel Diéguez, cos paxes e os Reis Magos. Despois do encontro das Súas Maxestades cos nenos/as contábase cunha chocolatada.
Cabalgata de Reis Chantada 2025 / Concello de Chantada