HomesociedadeMoi bos datos de visitantes a Monforte segundo a información obtida das...

Moi bos datos de visitantes a Monforte segundo a información obtida das oficinas de atención turística

A información revela que Monforte é un dos destinos preferentes na Ribeira Sacra e que a tendencia cara a desestacionalización vai en aumento. A nivel nacional os turistas que máis veñen á cidade do Cabe son de Madrid e de Barcelona, mentres que a nivel internacional Francia e Italia lideran a listaxe de países que achegan visitantes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte vén de informar dos excelentes datos de afluencia de visitantes no pasado ano 2024 a raíz da información obtida nos diferentes espazos municipais dedicados á atención turística, como son a Oficina de Turismo e a Oficina de Atención ao Peregrino.

Segundo o Alcalde, José Tomé, “despois do boom turístico que se viviu no ano 2021, que provocou un repunte espectacular, nos anos 2022 a 2024, xa estabilizada a situación do turismo, as cifras do ano 2024 son as mellores dos últimos anos, sobre todo, en comparación cos anos anteriores á pandemia”.

A información anterior revela que Monforte é un dos destinos preferentes na Ribeira Sacra e que a tendencia cara a desestacionalización vai en aumento.

DATOS DAS OFICINAS TURÍSTICAS

A Oficina municipal de Turismo, alcanzou en 2024 as 19.458 persoas atendidas. Porcentualmente, foron un 5,77% máis de visitantes que en 2023 (1.063 persoas máis). Se acudimos a anos previos á pandemia, por exemplo en 2024 foron atendidas un 31,02% máis de persoas que en 2018 (+ 4.607 persoas).

A Oficina de Atención ao Peregrino de Monforte, tamén alcanza datos históricos con 3.676 persoas atendidas en 2024, e tendo en conta que está operativa dende setembro de 2021. Prodúcese un aumento destacado no ano 2024 con respecto ao 2023, pois foron atendidas 1.556 persoas máis, un 73,39% máis.

PROCEDENCIA DOS TURISTAS

Segundo trasladan dende o concello, e a partir tamén dos datos oficiais das oficinas devanditas, as principais zonas de procedencia dos turistas nacionais son Madrid, Cataluña, Pais Vasco e Andalucía, ademais de Galicia. E procedentes doutros países, Francia e Italia ocupan os primeiros postos, seguida de Alemaña, Reino Unido ou Holanda.

UNS DATOS PARA PRESUMIR

Os resultados turísticos de 2024 son excelentes e confirman a recuperación e a solidez do sector” comentaba o rexedor monfortino, engadindo ademais que “os datos demostran que Monforte de Lemos e a Ribeira Sacra están ben promocionados polo Concello e por iso están de moda e constitúense hoxe coma un dos principais destinos turísticos do interior de Galicia, sobre todo grazas á promoción permanente e con eventos que realiza o Concello, tanto a nivel galego como estatal”.

Unha proba máis do crédito turístico co que conta Monforte foi tamén a recente obtención de 5 Q’s de Calidade Turística, outorgadas polo Instituto para la Calidad Turística Española (ICTE), ás dúas oficinas de información municipal, ademais da Torre da Homenaxe, o Miradoiro do Duque e o Centro de Interpretación do Viño da Ribeira Sacra.

ÚLTIMAS

Os Polos de Emprendemento da provincia asesoran a 1.100 proxectos e crean 90 empresas

Esta iniciativa da Xunta de Galicia, despregada progresivamente desde xullo de 2022, ofrece asesoramento...

A MESA Lemos organiza unha actuación para público familiar coincidindo co Mercado de Nadal de Pantón

Este ano o concello que colabora é o de Pantón e a actividade realizarase...

Monforte entrega case 15.000€ repartidos en 55 axudas ao transporte do alumnado

A Xunta de Goberno Local aprobou esta semana a concesión de axudas que suman...

‘Xénese dun paiaso’ espectáculo do Mago Brandan en Sarria

O Mago Brandan ofrecerá once representacións do seu novo espectáculo “Xénese dun paiaso” do 1 ao...