HomesociedadeO xeodestino Ribeira Sacra preséntase en Fitur na xornada inaugural deste 22...

O xeodestino Ribeira Sacra preséntase en Fitur na xornada inaugural deste 22 de xaneiro

Este 21 de xaneiro coñeceuse que Ribeira Sacra é finalista na terceira edición dos Premios dos lectores da revista Viajes National Geographic, como mellor destino rural de España.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este 22 de xaneiro comeza unha nova edición de FITUR e será na primeira xornada cando teña lugar a presentación do xeodestino baixo o título “Ribeira Sacra, Candidatura a Patrimonio Mundial e compromiso coa mobilidade sostible e a mellora continua”, presidida por D. Alfonso Rueda Valenzuela, Presidente da Xunta de Galicia.

Un primeiro bloque estará adicado á descrición do novo Plan de Sostibilidade Turística que se vén de iniciar e que explicará o Presidente do Consorcio, D.  Luis Fernández Guitián. O segundo, dirixido polo  Consellerio de Cultura, Lingua e Xuventude, D. José López Campos, centrarase na candidatura a Patrimonio Mundial “Ribeira Sacra, Paisaxe da auga”.

Durante o acto que se levará a cabo no stand de Galicia intervirán tamén a Jefa de Área de Planes de Sosteniblidad Turística en Destinos y Coordinación, Secretaría de Estado de Turismo, Dna. Cristina Belinchón Moyano, o Presidente da Deputación Provincial de Lugo, D. José Tomé Roca e o Presidente da Deputación Provincial de Ourense, D. Luis Menor Pérez.

Premios Viajes National Geographic

Este 21 de xaneiro danse a coñecer as candidaturas da III Edición dos Premios dos lectores da revista Viajes National Geographic. Ribeira Sacra é un dos 5 destinos aspirantes a mellor destino rural de España, xunto con Olite e Zona Media, Subbética cordobesa, Los Cameros, Ciudad Rodrigo e Sierra de Francia. Ata o próximo 21 de febreiro poderase votar entre os finalistas das 16 categorías deste 2025 a través do seguinte enlace:

https://viajes.nationalgeographic.com.es/lifestyle/nominados-premios-lectores-viajes-national-geographic-2025_21642 

ÚLTIMAS

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...