HomesociedadeA Conselleira de Medio Rural visita en Bustelo de Fisteus unha empresa...

A Conselleira de Medio Rural visita en Bustelo de Fisteus unha empresa beneficiaria das axudas para proxectos empresariais non agrícolas

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, salientou na súa visita a Quiroga o papel das axudas para proxectos empresariais non agrícolas na súa visita á imprenta de Aída Marcos en Bustelo de Fisteus, beneficiaria destas achegas. Deste xeito, puxo en valor este tipo de accións que contribúen a dinamizar o tecido socioeconómico do rural galego.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A titular de Medio Rural destacou a iniciativa de Aída Marcos Arias e a súa aposta polo emprendemento no rural, xa que trasladou o seu negocio dende Vigo ata esta zona de Quiroga, na que naceu. Por iso, María José Gómez cualificou este proxecto como “exemplo” de dinamización neste tipo de contornas.

Ademais, a conselleira aproveitou a ocasión para lembrar que a convocatoria de 2025 das axudas para proxectos empresariais non agrícolas, xestionadas a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, ten o prazo de solicitude aberto ata o vindeiro 28 de febreiro. Esta liña de apoio, dotada con 1,7 millóns de euros, está dirixida a pequenas empresas situadas nas zonas rurais e a persoas físicas que residan nestas contornas.

A través destas achegas favorécese o financiamento da adquisición de bens de equipo, o que permite a ampliación e modernización do sector produtivo no rural. Por iso, destacou a conselleira do Medio Rural, estas axudas contribúen ao desenvolvemento de actividades en diferentes ámbitos non agrícolas que reforzan o tecido socioeconómico destas zonas ao mellorar a súa competitividade, a creación de novos postos de traballo ou a consolidación dos existentes e o impulso da economía destes territorios.

Medio Rural visita Quiroga / Consellería Medio Rural

ÚLTIMAS

Moi boas previsións de ocupación turística na Ribeira Sacra para a ponte do Pilar

Segundo informacion que traslada o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, as expectativas de ocupación...

Rexistrados dous tremores de terra en Taboada

Segundo os datos do IGN (Instituto Geográfico Nacional), o primeiro tremor produciuse sobre as...

Labores de mantemento no encoro dos Peares condicionan desde o 12 de outubro as rutas en catamarán polo Miño

A baixada do nivel da auga comezará o vindeiro 12 de outubro, ata acadar...

Renfe ofertará unhas 39.000 prazas para a ponte do Pilar no corredor Galicia-Madrid

Con motivo da ponte do Pilar, Renfe poñerá ao dispor dos viaxantes máis de...