HomesociedadeMonforte inviste 150.000€ na mellora da eficiencia enerxética da Casa da Cultura

Monforte inviste 150.000€ na mellora da eficiencia enerxética da Casa da Cultura

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, deu a coñecer un novo proxecto de mellora de infraestruturas da cidade, que neste caso abordará a mellora da eficiencia enerxética da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, ubicada na Praza de España da cidade do Cabe.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Casa da Cultura Lois Pereiro alberga a Biblioteca municipal, dúas salas de exposicións, a sede da UNED en Monforte (que conta con 100 alumnos matriculados este curso), con diferentes aulas e despachos, un arquivo e un salón de actos con capacidade para 160 persoas.

A Casa da Cultura acolle un sen fin de actividades ao longo do ano, principalmente concertos e obras de teatro, pero tamén actividades como congresos, xornadas e presentacións de diferentes temáticas, así como a celebración de múltiples actos culturais ou exposicións de toda índole.

Trátase polo tanto dunha edificación singular relativamente antiga, na que fai anos que non se levou a cabo ningunha actuación desta relevancia, que posúe unhas características que fan que actualmente conte cunha eficiencia enerxética reducida.

“As obras buscan mellorar a eficiencia enerxética e a conseguinte redución no consumo enerxético e nas emisións de CO2, dos custes de mantemento, e mellorara do benestar e do confort dos seus traballadores e usuarios”, salienta o Alcalde.

-Mellora da envolvente térmica: renovarase a carpintería exterior na fachada principal, mediante a colocación de nova carpintería de aluminio con rotura de ponte térmica, oscilobatentes, con peche perimetral e dobre acristalamento con vidro baixo emisivo (e de seguridade onde sexa preciso), para conseguir unhas prestacións térmicas axeitadas, moi superiores ás actuais e as regulamentariamente esixibles.

-Instalación de calefacción e climatización: renovación integral da instalación de calefacción (e de climatización) do edificio, proxectándose unha instalación con xeración de calor mediante bomba de calor, e que permita, ademais, dispor de frío no verán. Trátase dun sistema de climatización de moi alta eficiencia, que supón un consumo de enerxía eléctrica reducido, cun reducido consumo de enerxía primaria e unhas emisións de CO2 asociadas tamén reducidas.

-Instalación de iluminación: proxéctase a substitución integral do sistema de iluminación do edificio, eliminando as luminarias e lámpadas existentes, fluorescentes, obsoletas e instalando novas luminarias con tecnoloxía LED, de alta eficiencia enerxética tanto para iluminación normal como a de emerxencia. Inclúense nestas actuacións a substitución de parte do cableado baixo tubo existente, dende a caixa de derivación/luminaria anterior, e control de acendido mediante sistemas de detectores de presenza onde sexa preciso.

Tamén se reduce o custe económico asociado ao mantemento, xa que las luminarias LED teñen unha vida útil (> 50.000 horas) moi superior á vida útil das lámpadas fluorescentes ou de descarga (15-18.000 h de vida útil). A superficie total das diferentes estancias e espazos da Casa da Cultura sobre a que se actuará é de 1.130,25 m².

Orzamento e licitación

Este proxecto ten un orzamento de 150.000 euros (IVE engadido), e hoxe mesmo será publicado o anuncio de licitación na Plataforma de Contratos do Sector Público. O prazo de presentación de ofertas estará aberto ata o sábado 8 de marzo. As mesas de contratación para a apertura dos sobres administrativo e técnico será o luns 10 de marzo ás 8:45 h e a mesa para a apertura da oferta económica celebrarase o mércores 17 de marzo  ás 8:45 h.

Os criterios de adxudicación serán:

  • Memoria técnica: 40 puntos
  • Prezo: 30 puntos.
  • Redución do prazo de execución: ata 15 puntos
  • Ampliación do prazo de garantía: 10 puntos
  • Melloras: 5 puntos

O prazo de execución da obra, unha vez sexa adxudicada e se asine a acta de replanteo, está previsto que sexa de 6 meses.

ÚLTIMAS

Falece un home de 83 anos por unha saída de vía no municipio de Chantada

Un home de 83 anos morreu na mañá deste martes ao sufrir unha saída...

Investigado un home por un delito de roubo con forza nunha discoteca de Quiroga

Segundo vén de informar o Instituto Armado, o 20 de xaneiro recibiron información sobre...

Celia Díaz presentou a súa última novela en Quiroga

Celia Díaz, filla adoptiva de Quiroga, quixo que Quiroga fose unha parada máis na...

Unha web para divulgar a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial

A Xunta de Galicia vén de lanzar unha nova páxina web, ribeirasacrapaisaxedaauga.gal con toda...