HomesociedadeUnha web para divulgar a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial

Unha web para divulgar a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial

Este novo portal, dispoñible en galego, inglés e castelán, permite consultar os límites do territorio proposto para o máximo recoñecemento por parte da Unesco, así como a proposta de valor universal excepcional, os criterios ou os seis atributos especiais que definen a declaración.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Galicia vén de lanzar unha nova páxina web, ribeirasacrapaisaxedaauga.gal con toda a información sobre a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial. Deste xeito, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude pon a disposición da cidadanía a documentación relativa ao traballo de técnicos, expertos, veciños e axentes sociais que participaron na elaboración da proposta Ribeira Sacra: Paisaxe da auga.

A web ofrece tamén a posibilidade de descargar o expediente completo que foi remitido para a súa avaliación ao Centro de Patrimonio Mundial de París e no que se inclúe o decreto de declaración como Ben de Interese Cultural desta paisaxe ou a información relativo aos encontros internacionais celebrados nos anos 2023 e 2024.

Cómpre lembrar, que o pasado mes de xaneiro, cumprindo rigorosamente cos trámites e termos esixidos, o Goberno galego remitiu ao Ministerio de Cultura o expediente que, tras unha primeira revisión, foi enviado a París. Con esta entrega iníciase o proceso de avaliación da candidatura a Patrimonio Mundial pola Unesco, cuxo resultado coñecerase ao abeiro do Comité Internacional do Patrimonio Mundial que se celebrará o vindeiro ano 2026.

ÚLTIMAS

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...