Homesociedade177.000€ na pavimentación do Mercado Gandeiro de Monforte

177.000€ na pavimentación do Mercado Gandeiro de Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola tenente de alcalde, Gloria Prada, e o concelleiro de Obras e Servizos, José Luis Losada, supervisou este martes as obras de mellora e asfaltado da pavimentación de todo o entorno do Mercado Gandeiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Para a pavimentación de todo o entorno exterior do Mercado Gandeiro, o orzamento total foi de 177.787,13€, ive engadido, e foi adxudicada á empresa Misturas S.A. por un importe de 152.193,80€.

A obra de pavimentación de todo o entorno do Mercado Gandeiro da cidade, obedece, en verbas do Alcalde a que “esta é unha zona que é moi utilizada, especialmente os días de feira, polo que é necesario renovar o seu firme, e pavimentar outras zonas que actualmente non o están, a fin de dar un mellor servizo”.

Neste senso, a actuación que se está a desenvolver abarca unha superficie total 12.725 metros cadrados, nunha lonxitude total de vías de 1.200 metros, e cun ancho medio de 10,60 metros. Así, estase a colocar unha nova capa de rodadura de aglomerado en quente de 5 centímetros de espesor.

“Este proxecto” subliña o Alcalde, “da continuidade o programa de actuacións que o Equipo de Goberno desenvolve no Mercado Gandeiro, pois no ano 2021, acometemos a mellora das cubertas das naves do polbo, cun investimento de máis de 70.000 euros”.

Ata o momento procedeuse ó fresado do firme existente nas zonas necesarias, así como ó levantado da calzada para o rebaixe da súa cota noutras zonas, cortouse o pavimento nas zonas nas que se colocará a rigola e nas canalizacións de pluviais. Nas zonas que actualmente non están pavimentadas, procederase á apertura de caixa e posterior recheo con base de pedra e triple rego asfáltico.

Tamén está prevista a colocación dos bordos correspondentes nos alcorques das árbores.

Na zonas das primeiras naves, colocouse unha rigola de formigón para recoller a auga de pluviais e conducila a un sumidoiro que se instalou e que se conectará á rede de pluviais existente, a través dunha canalización de saneamento de PVC. Procederase ó pintado de marcas viarias e de símbolos e cebreados

ÚLTIMAS

‘Peitoescuro’ desvela a derradeiro capítulo da súa triloxía audiovisual

Primeiro foi 'Alvorada', despois seguiulle 'Metamorfose', e agora chega a terceira peza final da...

Presentación literaria de Rochi Nóvoa na Librería Papelotes de Monforte

A Librería Papelotes de Monforte de Lemos acolle unha actividade na que se dará...

Xanela ofrecerá servizos máis competitivos ao converterse en Operador Móbil Virtual

A empresa de telecomunicacións Xanela xa é Operador Móbil Virtual (OMV) despois de asinar...

O Punto Limpo de Chantada aposta pola reutilización

Cun investimento de case 50.000€ dos que o concello aporta o 10%, adquiríronse novos...