HomesociedadeO Goberno financia proxectos que levarán a fibra óptica a máis de...

O Goberno financia proxectos que levarán a fibra óptica a máis de 1.200 familias de Láncara

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, exemplificou no Concello de Láncara o impacto dos investimentos do Goberno para estender a fibra óptica nas zonas rurais de Galicia e rachar definitivamente coa fenda dixital que separa as cidades e as parroquias garantindo a conectividade total do territorio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado do Goberno visitou este sábado o municipio de Láncara onde supervisou xunto co alcalde, Darío Piñeiro, o deputado provincial, Pablo Rivera e a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, o avance dos proxecto de dixitalización en Láncara, que permitirán dotar de fibra óptica a máis de 1.200 familias e empresas deste municipio a través das convocatorias do Plan UNICO-Banda Ancha.

Na reunión que mantiveron na Casa do Concello, o alcalde trasladoulle ao delegado o avance dos proxectos de conectividade no municipio. En concreto, repasaron o proxecto desenvolvido pola empresa ADAMO, que chegou a 87 núcleos de poboación do Concello e que require un investimento de 900.000 euros.

O Plan UNICO-Banda Ancha do Ministerio de Transformación Dixital e Función Pública está financiado polo Plan de Recuperación do Goberno e comezou a executarse no ano 2021. Con el, o Goberno financia os proxectos e infraestruturas que precisan as empresas operadoras para chegar a zonas onde non existía esta cobertura nen había previsión de instalación. O Ministerio achega ata o 70 % dos custos (tecnolóxicos, obras, permisos, etc) para levar a conexión de alta velocidade mentres que as operadoras aportan o importe restante do investimento.

Durante o encontro, o delegado sinalou que este programa, que se atopa xa na fase final de execución, é un paso moi importante na consecución da cohesión territorial en Galicia, ao garantir “que o rural galego teña acceso aos mesmos servizos tecnolóxicos que as áreas máis poboadas”. Na provincia de Lugo, o Goberno inviste 26,8 millóns de euros do Plan UNICO-Banda Ancha para levar esta conectividade a 89.300 vivendas e empresas da provincia.

ÚLTIMAS

Chantada quere Sanidade denuncia a “situación de asfixia” do Hospital Comarcal de Monforte

Segundo a Plataforma, "esta sobrecarga de traballo no Hospital pon en evidencia a rixidez...

Casa da Cultura de Chantada: actividades e cambio de horario

A Casa da Cultura de Chantada varía os horarios dos distintos servizos que acolle...

Péchase ao tráfico o Paseo do Malecón de Monforte para preparar o Festival do Viño

O Festival do Viño de Ribeira Sacra de Monforte celebrará do 4 ó 6...

San Xoán de Río leva o mellor do seu rural ao C.C. Ponte Vella de Ourense

O Concello de San Xoán de Río visibilizará o seu territorio, iniciativas e potenciais este sábado 28...