HomesociedadeEste 8 de marzo Pantón despide o Entroido na Ribeira Sacra

Este 8 de marzo Pantón despide o Entroido na Ribeira Sacra

Un ano máis o Concello de Pantón será o encargado de pechar o Entroido na Ribeira Sacra coa celebración do Desfile Concurso de Disfraces e Carrozas que terá lugar o sábado, 8 de marzo. O desfile sairá ás 16.00h. do colexio Monte Baliño

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -


Disfraces e comparsas percorrerán as rúas de Ferreira para finalizar na Praza do Concello, onde coa chegada da última comparsa comezará unha chocolatada baile e entrega de agasallos doces para os/as nenos/as.

O xurado estará composto por cinco representantes elixidos por sorteo entre as comparsas de máis de 10 participantes, e unha persoa allea ás mesmas que exercerá o voto de calidade en caso de empate. Premiarase o vestiario e maquillaxe, elaboración do disfraz, a posta en escea e a música, podendo, o xurado, deixar deserto algún dos premios ou conceder algún accésit se o considerase.

Todas as comparsas que presenten carroza recibirán 50€ como axuda e as de máis de 10 compoñentes recibirán 80€ non acumulables ao premio. Os premios entregaranse ao final do desfile, establécense os seguintes:

Comparsas Adultos:
•    Grupos de 10 o máis compoñentes (300€, 200€ e 150€)
•    Grupos entre 5 e 9 compoñentes (150€, 125€ e 100€)
•    Individual e Parellas entre 1 e 4 compoñentes (100€, 75€ e 50€)

Comparsas Infantís:
•    Grupos de 10 ou máis compoñentes (180€, 160€ e 150€)
•    Grupos entre 5 e 9 compoñentes (100€, 75€ e 50€)
•    Individual e Parellas entre 1 e 4 compoñentes (50€, 40€ e 20€)

Entroido Pantón 2024 / Concello de Pantón

ÚLTIMAS

O sector do Porco Celta ante a ameaza da peste porcina africana

A peste porcina africana (PPA), sen ter chegado aínda a moitos territorios, está a...

O pleno de Monforte vota este luns a dimisión de Tomé como alcalde

O pleno de Monforte de Lemos debaterá este luns a dimisión de José Tomé...

Tres proxectos da Deputación de Lugo potenciaron este 2025 o turismo sostible

A Deputación de Lugo potenciou este 2025 os encoros, o románico e as viaxes...

Oferta teatral para esta tarde en Taboada e Quiroga

O Concello de Taboada organiza na tarde deste domingo 28 de decembro unha obra...