HomesociedadeJulieta Venegas, Exsonvaldes e The Jayhawks encabezan o cartel do 17º Ribeira...

Julieta Venegas, Exsonvaldes e The Jayhawks encabezan o cartel do 17º Ribeira Sacra

O festival, que celebrará a súa novena edición os días 18, 19 e 20 de xullo, avanza a programación do seu cartel musical.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Despois de anunciar á artista mexicana Julieta Venegas, 17º Ribeira Sacra completa a súa proposta co grupo estadounidense The Jayhawks, a banda francesa Exsonvaldes, o compositor español Ángel Stanich ou os ingleses Wings of Desire. A estes concertos, que se repartirán en diferentes escenarios singulares da Ribeira Sacra como Adegas Regina Viarum, súmase o Concerto Sorpresa Momentos Alhambra, unha das experiencias máis esperadas na que o público vivirá a mellor música en directo a bordo dun catamarán polo río Sil. Os abonos xa están á venda na páxina web do festival.

Ademais, tamén se poderá gozar coa música a artista de orixe británica Laverca Bentley e Cosmic Wacho, cun directo que non deixará a ninguén indiferente. Tamén están no cartel Anxo Araújo, Allova e Néstor Pardo, propostas coas que o público poderá achegarse a artistas galegos en escenarios únicos.

EXPERIENCIAS GASTRONÓMICAS, PATRIMONIAIS E PAISAXÍSTICAS

A programación musical completarase cunha proposta de gastronomía e experiencias arredor do patrimonio e da paisaxe. Un formato de festival que aposta tamén polo coidado do territorio, con medidas de sustentabilidade e un aforo adecuado á contorna.

Proximamente darase a coñecer a programación de Experiencias, accións en pequeno formato arredor da paisaxe da Ribeira Sacra, a gastronomía, o patrimonio ou a arte para ofrecer ao público unha viaxe a través da historia e vangarda do territorio.

Ademais, queda por desvelar a proposta gastronómica, que nesta edición destacará por ampliar e diversificar a súa oferta dando un lugar destacado á gastronomía local. Como é habitual, tamén contará con recoñecidos chefs galegos.

PIONEIRO NO MODELO DE ‘FESTIVAL TERRITORIO’

17º Ribeira Sacra é o primeiro evento de marca “Festivais Territorio”, unha aposta da promotora galega i-radia Crea por crear festivais respectuosos co territorio cunha programación diversa en distintas zonas maioritariamente rurais. Este mes, o 17º Ribeira Sacra foi recoñecido como Mellor Festival en Pequeno Formato nos Iberian Festival Awards por cuarto ano consecutivo sendo finalista tamén en Best Contribution to Sustainability e Best Brand Activation. Os festivais irmáns Esférica Rioxa Arabesa (País Vasco); Terra Bobal Fest e Nómade (Comunidade Valenciana) e Canari (Illas Canarias) seguen o seu modelo en diferentes puntos do territorio nacional.

ÚLTIMAS

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...