HomesociedadeChantada celebra o 26 de abril o III Festival de Charangas

Chantada celebra o 26 de abril o III Festival de Charangas

A concellaría de Cultura do Concello de Chantada programa unha nova edición do Festival de Charangas, que se desenvolverá o sábado, 26 de abril ao longo de toda a xornada, levando ambientación musical a distintos espazos da vila do Asma

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A cita pensada para ofrecer novas actividades de lecer para todo tipo de públicos contará coas charangas Europa de Ourense, Louband de Sarria, Os Pendellos de Agolada e Unión Phenosa de Chantada. 

Ás 12:30h na Praza de Santa Ana haberá sesión vemú, neste caso a cargo do artista local, André Phmollo (Inzo). Xa pola tarde, desde as 19:00h as charangas participantes levarán música ás rúas de Chantada ata as 21:00h. Na Praza de Santa Ana actuará a charanga Europa desde as 21:00h ata as 22:00h. E desde as 00:00 na praza do Pavillón Municipal seguirá a música, primeiro cos Pendellos, de 1:00 a 2:00 con Louband, e de 2:00h a 3:00h Unión Phenosa que pon o peche a esta terceira edición.

“Despois de dous anos co Festival funcionando moi ben, neste terceiro ano, a festa está asegurada. Con esta iniciativa queremos chegar tanto a mozos como maiores e levar ambiente a distintos lugares da vila nunha época en que nos visita moita xente. Así dámoslle un pouco de alegría e festa a veciños e visitantes”, explica o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela.

ÚLTIMAS

Monforte destina 30.000€ a axudas ao emprendemento

A estas axudas poderán acollerse os autónomos e as pequenas e medianas empresas (PEME)...

Pontón urxe en Sarria a que a Xunta remate o desdobre de Nadela, “que Feijóo comprometera para o 2020”

Pontón visitou este mércores en Sarrria, as instalacións de Galimplant, empresa referente no ámbito...

D.O. Ribeira Sacra, presente na feira Mediterránea Gastrónoma de Valencia

Gastrónoma é un dos principais puntos de encontro do sector da gastronomía e da...

Unha ‘gran fonte’ transformará o Parque dos Condes de Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar un novo proxecto para a cidade. Trátase...