HomesociedadeMonforte contará con servizo de transporte gratuíto no rural

Monforte contará con servizo de transporte gratuíto no rural

O Concello de Monforte licita un novo servizo de transporte público de viaxeiros para a poboación do rural. O novo contrato para a xestión integral do autobús rural de Monforte, ten un valor de máis de 1.100.000 € establecéndose un prazo de duración de 10 anos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -


A posta en marcha deste servizo ten un custo de 323.787,80€ ive incluído sendo a partida de maior cantidade ao incluir a compra do autobús no que se realizará o servizo. As anualidades seguintes, a partir da data de inicio do mesmo, aboaranse con carácter mensual durante os 10 anos de duración do contrato.

Ó remate dos 10 anos de contrato, o autobús pasa a ser propiedade do Concello. “A vantaxe que terá esta circunstancia para o futuro, é que cando se faga un novo contrato, o servizo sairá máis barato debido a que xa non haberá que comprar o autobús porque a vida útil é superior ós 10 anos”, explicou o alcalde de Monforte, José Tomé.

O Autobús Municipal que prestará este servizo regular é un vehículo novo, da marca Mercedes Sprinter 519 City Line. Vai rotulado, en vermello coas cores corporativas e un deseño que o identifica como autobús de transporte urbano de viaxeiros de Monforte de Lemos. O horario do servizo de Bus Rural, que funcionará próximamente, será de luns a venres laborables dende as 8:00 da mañá ata as 15:00 h.

RUTAS, PERCORRIDOS E PARADAS

1º RUTA

Rozavales: Salgueiros + Infesta + Peciña
Vilamarín: Local social + Morade Grande
Caneda: Xunto á Capela e o Muíño
Santa Mariña: Local Social + Barrio Novo + Malvarón
Estación de RENFE
Estación de Autobuses
Hospital
Estacionamento Parque dos Condes

2ª RUTA
A Penela: Campo da Festa, xunto ao Porto + Fontela
Nocedas: Val + xunto lavadeiro igrexa + núcleo Nocedas
Gullade: Campo da Festa + xunto á igrexa + Recta de Gullade + Cruce de
Guntín
Marcelle: Xunto ó local social
Guntín: Xunto á igrexa e Santa Lucía
Estación de RENFE
Estación de Autobuses
Hospital
Estacionamento Parque dos Condes

3ª RUTA
Distriz: Local social + Cruce estrada Ourense
A Vide: Xunto Local social + Xunto local da igrexa
Moreda: Xunto Local social e curva do Castro
San Xoan de Tor: Cruce coa estrada de Seoane + Carrouba
San Xulián de Tor: Recta do Ibedo – Local social fronte á pista que sube á igrexa
Estación de RENFE
Estación de Autobuses
Hospital
Estacionamento Parque dos Condes

4ª RUTA
Fiolleda: San Mamede + Figueira + igrexa
Baamorto: Xunto ó cruceiro, Pol + Cinsa
Chao do Fabeiro: San Martiño + Mato + Hermida + Porto de Lobos + Cruce de
Fabeiro
Seoane: Recta de entrada + Núcleo Seoane Vello + Igrexa
Estación de RENFE
Estación de Autobuses
Hospital
Estacionamento Parque dos Condes

5ª RUTA
Sindrán: Campo de Abaixo + Local social
Bascós: Carranchousa + Local social
Chavaga: Río + Alto Chavaga
Reigada: Igrexa + Local social Reigada + Vivendas próximas á rotonda
Estación de RENFE
Estación de Autobuses
Hospital
Estacionamento Parque dos Condes

5ª RUTA Bis
Valverde: Escouredo + Valverde
A Parte: Probeiros (Local social) + Camporrío + Casa farmaceútica
Estación de RENFE
Estación de Autobuses
Hospital
Estacionamento Parque dos Condes

O día que se realice a Ruta 5, unha vez finalizado o viaxe das parroquias de Sindrán, Bascós, Chavaga e Reigada, fará un segundo percorrido ás parroquias de Valverde e A Parte, denominándose ésta a Ruta 5 bis. O percorrido de volta de cada ruta será á inversa do realizado á primeira hora da mañá.

En definitiva, concluíu José Tomé, “estou seguro de que a posta en marcha deste autobús de transporte municipal para viaxeiros, cumprirá un fin social, e, ó mesmo tempo, axudará a fomentar e concienciar sobre o uso do transporte público, pasando a ser Monforte, unha
cidade pioneira en transporte público gratuíto para a zona rural, xa que, que saibamos, non hai algo semellante que estea funcionando neste momento”.

ÚLTIMAS

Despois dunha “longa noite de pedra” Galicia recupera a electricidade no 85% do territorio

A Xunta decretou na noite do luns a Emerxencia 3 o que implica que...

Obradoiro de adolescencia e contido online, este 9 de maio en Chantada

O Concello de Chantada organiza o 9 de maio no Auditorio Municipal de Chantada...

“É algo absolutamente excepcional”, Red Eléctrica activou todos os procedementos

Rede Eléctrica precisou que nestes momentos activou "todos os procedementos", "informou ao Goberno" e...

José Tomé Roca revalida a Secretaría Xeral do PSdeG de Lugo

Tomé Roca logrou 801 votos fronte aos 585 obtidos por Iván Castro, Deputado Provincial...