HomesociedadeA Ribeira Sacra salva a Semana Santa a pesar da climatoloxía

A Ribeira Sacra salva a Semana Santa a pesar da climatoloxía

O Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra fai balance dos datos de ocupación esta Semana Santa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nos días previos superouse a ocupación de 2024. Nos días centrais, a porcentaxe baixaba 5 puntos, aínda que o número de prazas turísticas crece ano tras ano.

Días centrais (17/04-21/04):

  • Hoteis 3 e 4*: 83% / Ano 2024: 82% / Previsión: 81% 
  • Turismo rural: 86% / Ano 2024: 89% / Previsión: 82% 
  • Vivendas Turísticas e de Uso Turístico: 80 % / Ano 2024: 93% / Previsión: 84% 
  • Resto alox.: 77,5% /  Ano 2024: 80% / Previsión: 78% 
  • TOTAL: 82% / Ano 2024: 87% / Previsións: 82%

Días previos (11/04-16/04):

  • Hoteis 3 e 4*: 70% / Ano 2024: 74% / Previsión: 67 % 
  • Turismo rural: 80% / Ano 2024:  73% / Previsión: 78 % 
  • Vivendas Turísticas e de Uso Turístico: 62% / Ano 2024:  60% / Previsión: 60 % 
  • Resto alox.: 70% / Ano 2024:  61%  / Previsión: 71 % 
  • TOTAL: 70,5% / Ano 2024:  67,5 % / Previsión: 70 % 

A maior parte de aloxamentos melloraron as súas previsións, aínda que menos que outros anos. Ante a climatoloxía anunciada, si percibiron que o público estivo máis expectante este ano sobre as políticas de cancelación. 

Houbo algunhas cancelacións puntuais, pero menos das agardadas, e algúns aloxamentos comentan que as cubriron con reservas de última hora para estadías curtas, aínda que recibiron menos solicitudes que outros anos xa ás portas dos días centrais.

“O sector, na súa meirande parte, amósase satisfeito e valora moi positivamente o número de persoas que apostaron por visitar Ribeira Sacra a pesares das adversidades e chegando a cifras moi semellantes ás de 2024”, destacan desde o Consorcio de Turismo.

ÚLTIMAS

A UNED de Monforte supera por primeira vez o cento de matrículas

José Tomé, que tamén ostenta o cargo de presidente da Xunta Reitora da UNED...

A comezos do 2026 comeza a funcionar a cociña da Galiña Azul de Chantada

A Galiña Azul do Concello de Chantada forma parte desde o 2008 do Consorcio...

PP e BNG desmontan a fonte de Tomé no Parque dos Condes

A voceira do popular, Katy Varela, amosou o seu desacordo co anuncio de Tomé...

Fin de semana de Máster de Futbolín de Sarria

A directora territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Carmen José López, participou...