HomesociedadeII Festa Interxeracional Concello de Chantada, o 29 de xuño

II Festa Interxeracional Concello de Chantada, o 29 de xuño

O prezo da entrada é de 15€, para nenos/as de 6 a 12 anos serán 8€ e os menores de 6 anos terán entrada gratuíta. O aforo do pavillón ronda as 700 persoas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Chantada, a través da concellaría de Servizos Sociais, prepara a II Festa Interxeracional, unha cita de confraternidade que pretende ser encontro familiar. A Festa celebrarase o domingo, 29 de xuño, e como o ano pasado, terá lugar no Pavillón do colexio Eloísa Rivadulla, localización que reúne as mellores condicións en canto a capacidade, facilidade de acceso, comodidade, seguridade e polas facilidades para ter unha temperatura axeitada durante a celebración.

En canto á data de celebración, o Concello de Chantada, quere establecer o último sábado de xuño, pero este ano faise o domingo para non coincidir coa Festa da Foliada do Barrio de Santa Mariña. “A xente leva tempo preguntando cando repetimos a Festa Interxeracional e así saberán que a cita é o último sábado de xuño. Durante moitos anos celebramos a Festa da 3ª Idade con moito éxito, despois da pandemia recuperámola o ano pasado abríndoa a toda a familia e a xente saiu moi contenta, pedindo repetila”, explica o alcalde, Manuel Lorenzo Varela.

Para participar da Festa é necesario adquirir as entradas na recepción de servizos sociais no Edificio Multiusos, en tesourería na Casa Consistorial, no local do “Enjambre” ou na cafetaría Manix.

A Festa seguirá o seguinte programa:

  • 12:30h. Misa solemne
  • 13:00h. Sesión vermú e cóctel benvida
  • 14:30h. Xantar popular
  • 18:00h. Sesión de baile con sorteo de viaxes e agasallos

Manuel Lorenzo Varela anima a participar da cita, “Celebramos principalmente un día de festa e de homenaxe aos nosos maiores, queremos velos acompañados de fillos/as, netos/as e de toda a familia. Un día familiar para compartir con persoas de todas as idades e de todo o municipio de Chantada.”

ÚLTIMAS

Chantada quere Sanidade denuncia a “situación de asfixia” do Hospital Comarcal de Monforte

Segundo a Plataforma, "esta sobrecarga de traballo no Hospital pon en evidencia a rixidez...

Casa da Cultura de Chantada: actividades e cambio de horario

A Casa da Cultura de Chantada varía os horarios dos distintos servizos que acolle...

Péchase ao tráfico o Paseo do Malecón de Monforte para preparar o Festival do Viño

O Festival do Viño de Ribeira Sacra de Monforte celebrará do 4 ó 6...

San Xoán de Río leva o mellor do seu rural ao C.C. Ponte Vella de Ourense

O Concello de San Xoán de Río visibilizará o seu territorio, iniciativas e potenciais este sábado 28...