Homesociedade"Aquí estivo, está e estará o paraíso do bo viño", asegura Marcial...

“Aquí estivo, está e estará o paraíso do bo viño”, asegura Marcial Mouzo no pregón de Pantón

A XXX Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón completaba este domingo 3 días de festa ao redor do viño que se cultiva nas tres ribeiras do municipio. O pregoeiro desta edición sería o comunicador da TVG e da RTVG, Marcial Mouzo Vidal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A chuvia non impediu que centos de persoas pasaran estes días pola 30 edición da Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón. Unha cita que ante a previsión meteorolóxica preparouse con carpas para poder desenvolver as distintas actividades.

Así ademais dos postos das 9 adegas participantes, Alma das Donas, Casa Moreiras, Finca Míllara, Ciudaseis, Nogueiras, Capilla, Saíñas, Don Ventura e Corzoás; contábase con postos de gastronomía e artesanía, catas, maridaxes e desgustacións, sen faltar a música en directo.

Un dos actos centrais do úlitmo día, o domingo, foi o pregón a cargo do comunicador, Marcial Mouzo que repasou a historia da celebración e loubou as delicias destes viños, “É para min unha honra inmensa estar hoxe aquí pregoando esta Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón, unha das de maior proxección de toda Galicia, especialmente desde o ano 2022, cando foi declarada de Interese Turístico Galego…E falando dos pequenos praceres, que mellor que socializar e compartir a vida cun bo viño, como o que temos nesta Ribeira Sacra de Pantón! Comoestamos facendo hoxe nesta Mostra que cumpre 30 anos”.

Marcial Mouzo, pregón XXX Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón / Concello de Pantón

O pregoeiro repasou as riquezas patrimoniais, paisaxísticas e culturais de Pantón e confesouse amante destes viños, sendo o día que vén mercar viño a Pantón un dos mellores do ano, “Para min é un dos días máis importantes do ano e non só pola calidade do viño que levo, senón pola sensación de tranquilidade, relax e desconexión que sinto. E como se de súpeto o meu reloxo biolóxico se movese máis lento e a vida tivese outro sentido en contacto coa natureza no medio desta paisaxe incomparable”.

Adegas XXX Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón / Concello de Pantón

Mouzo Vidal viaxou pola Ribeira Sacra e a súa candidatura a Patrimonio da Humanidade e gabou o traballo de adegueiros e viticultores por manter a tradición, “Valoremos pois o traballo e a experiencia da xente que vendima cada ano con esforzo e compromiso con esta paisaxe, unha das máis fermosas do mundo enteiro. Animémolos a seguiren traballando para que outros moitos poidamos gozar da calidade destes caldos da Ribeira Sacra de Pantón, que seguen gañando sona e prestixio polo mundo adiante. Que seguen evolucionando e mellorando co paso do tempo sen renunciar á súa longa historia. Porque a historia deste viño vén de moi lonxe. A mención máis antiga que se coñece do viño da Ribeira Sacra non está relacionada co Amandi, senón con Pantón. Segundo indica o historiador Anselmo López Carreira, esta noticia figura no documento de fundación do mosteiro de Santo Estevo de Atán, un documento datado no ano 816, onde se di que o cenobio contaba con vides e maceiras”.

Coa entrega de obsequios ao pregoeiro, ás adegas participantes e outras empresas de Pantón presentes na Mostra, ademais da presentadora do acto, a xornalista, Manola Porto; pechábase a parte máis institucional desta celebración.

ÚLTIMAS

Chantada quere Sanidade denuncia a “situación de asfixia” do Hospital Comarcal de Monforte

Segundo a Plataforma, "esta sobrecarga de traballo no Hospital pon en evidencia a rixidez...

Casa da Cultura de Chantada: actividades e cambio de horario

A Casa da Cultura de Chantada varía os horarios dos distintos servizos que acolle...

Péchase ao tráfico o Paseo do Malecón de Monforte para preparar o Festival do Viño

O Festival do Viño de Ribeira Sacra de Monforte celebrará do 4 ó 6...

San Xoán de Río leva o mellor do seu rural ao C.C. Ponte Vella de Ourense

O Concello de San Xoán de Río visibilizará o seu territorio, iniciativas e potenciais este sábado 28...