HomesociedadeO Concello de Sober patrocinará un proxecto alpinista que promocionará a Ribeira...

O Concello de Sober patrocinará un proxecto alpinista que promocionará a Ribeira Sacra

Trátase da Asociación Deportiva 3CUMIOS que pretende ascender a 3 cumios icónicos en tres continentes diferentes. O primeiro reto será a ascensión ao Huascarán, na Cordilleira Blanca de Perú, con 6.768 metros de altitude.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sober vén de asinar días atrás un acordo de colaboración en concepto de patrocinio coa Asociación Deportiva 3CUMIOS para o ascenso ao Huascarán, o primeiro dos 3 cumios que intentarán coroar 3 alpinistas da Comarca de Lemos no mes de xullo deste 2025. A asociación pretende, con esta ambiciosa aventura de ascender a montañas representativas de tres continentes, utilizar a iniciativa para promover a Ribeira Sacra e Galicia no ámbito internacional.

“Esta colaboración contribuirá de forma directa ao desenvolvemento do proxecto, incluíndo a súa vertente social, que contempla a adquisición e entrega de material escolar e deportivo en comunidades desfavorecidas”, comentan dende o concello.

Un dos seus promotores, Manuel Vieitez, é natural de Sober e explica que esta institución “foi a primeira en crer no noso proxecto e en apoiarnos desde o inicio. Grazas por acompañarnos nesta aventura que levará o nome dea nosa terra ata o máis alto”.

ÚLTIMAS

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...