Homesociedade'XanelaFest', o concurso para concellos no que se pode gañar a actuación...

‘XanelaFest’, o concurso para concellos no que se pode gañar a actuación dunha orquestra para as festas

A empresa chantadina de telecomunicacións Xanela agasallará cunha actuación da Orquestra Cinema ao concello gañador a noite do 17 de outubro de 2025. Poden participar todos os municipios galegos de menos de 40.000 habitantes.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

O pasado día 20 de maio presentouse na sede de Xanela en Chantada o XanelaFest, un concurso que nace co obxectivo de dinamizar e darlle pulo ao rural.

Poden participar todos os concellos galegos de menos de 40.000 habitantes de Galicia e a empresa de telecomunicacións chantadina agasallará cunha actuación da Orquestra Cinema ao que resulte gañador a noite do 17 de outubro de 2025. Este concello, acadado o premio, decidirá a parroquia ou aldea que se beneficiará da verbena.

Na presentación desta iniciativa, que tivo lugar nas instalacións da empresa no Polígono Industrial dos Acivros en Chantada, ademais de varios membros da Orquestra Cinema e os traballadores e traballadoras de Xanela, estiveron: o director, Iñaki Castiñeira; a delegada territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da provincia de Lugo, Carmen José López; os alcaldes de Chantada, Carballedo, O Saviñao, Taboada, O Incio, Palas de Rei e Guntín, e un concelleiro de Antas de Ulla. Tamén asistiron membros da Casa da Música de Chantada e da Asociación de Empresarios de Chantada, entre outros.

Autoridades e representantes da orquestra na presentación de ‘XanelaFest’. Foto: Xanela.
COMO SERÁ O XANELAFEST?

Segundo explican dende a empresa impulsora desta iniciativa, ademais da noite coa orquestra, preténdese que a cita sexa un xeito de dar a coñecer o concello gañador e a contorna do mesmo, polo que o formato será o dun minifestival, con postos de cousas típicas da zona, unha visita guiada pola tarde para coñecer o máis xeitoso do lugar, etc.

Dende Xanela din que enviarán comunicacións a todos os concellos que poden participar no concurso, e a todos os que estean interesados mandaráselle un formulario de participación. Tamén poden anticiparse e anotarse como candidatos ao enderezo electrónico: concurso@xanelafest.es

Os concellos participantes aparecerán nas redes e na web de Xanela para que todo o mundo poida familiarizarse con eles (e ir coñecendo aos rivais). A continuación, entre o 1 de xullo e o 31 de agosto, abrirase a rolda de votacións na web tendo despois o concello gañador 15 días para decidir a vila ou aldea onde vai actuar a Orquestra Cinema.


Toda a información actualizada sobre o concurso está na web www.xanelafest.es, onde tamén pódense consultar as bases de participación.

ÚLTIMAS

Sanidade mantén oito semanas de vixilancia na residencia de Monforte tras o gromo de sarna

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, explicou que a Dirección Xeral de Saúde...

4 Grandes Medallas de Ouro e 14 Ouros para a D.O. Ribeira Sacra no Mondial des Vins Extremes

O certame que se celebra no Val de Aosta, Italia, é un dos principais...

O BNG de Monforte recolle case 200 alegacións en dúas horas contra a ponte do Malecón

Desde a formación nacionalista repartíronse folletos con planos, medidas e datos técnicos extraídos do...

O 13 de setembro ás 12:00 “Monforte en Marcha contra o Cancro”

A V edición de “Monforte en Marcha Contra o Cancro” pretende fomentar a práctica...