A CIG Saúde asegura que se vai quitar a dúas persoas para pasar, unha polas tardes e outra para consultas externas de mañá, o que fará que a carga de traballo sexa inasumible. “Pasarán a estar dúas persoas menos neste servizo, co cal nós entendemos que se debería contratar un acúmulo polo menos para facer as tardes”, explican.
O sindicato repasa as tarefas que desenvolven os profesionais deste servizo:
Traballo que antes se facía en Inspección
- Diálise, tramitar o papeleo e conseguir o transporte sanitario.
- Osíxeno, hai que entrar nun programa específico, entrevistar ao paciente e hai que facelo xa, non se pode esperar.
- Ambulancias, controlar se hai ambulancias pendentes de algún trámite, se non non van buscar ao paciente.
- Logopedia, localizar á xente e conseguir a cita.
- Cordales, Moas do xuízo que hai que enviar a Polusa e facer todos os trámites.
- Ondas de choque, tramitarlle aos pacientes a posiblidade de ir a Lugo a facer este tratamento que non hai aquí.
Traballo engadido a maiores
- IVE: Entrevista ás pacientes que teñen necesidade de interrumpir o embarazo e buscar o hospital onde poden acudir.
- Sacar listado de todas as consultas e engadir as pegatinas correspondentes, isto facíase en arquivo e agora faise en Admisión.
- Programa contacnova: xente que pide o cambio on line de cita e que hai que atender.
- Rexistro de recén nadas, antes facíase no xulgado.
Traballo que se viña facendo en Admisión habitualmente
- Tramitación de probas a outros centros e comunicación da cita cando chega.
– Citas, buzóns (olios, xinecoloxía, cardioloxía- consultas e probas, dixestivo-consultas e probas, unidade de dor, preanestesia, etc.). A isto engádese a dificultade de ter que citar moitas veces dun día para outro.
– Controlar os permisos dos facultativos para reprogramar aos pacientes citados de todas as axendas.
– Revisar as gardas dos facultativos para que non haxa pacientes citados no día seguinte.
– Creación de Historias Clínicas cando o paciente non a ten, e sacar as correspondentes pegatinas de toda a actividade que se fai a maiores.
– Traslados: Chamar a outros centros para saber se aceptan o traslado e falar con facultativos aquí para saber si aceptan os pacientes que nos mandan doutros centros.
- SIFCO: Probas que se fan fóra da comunidade.
– Atención telefónica: Principalmente para dar citas, pero tamén para atender centros de saúde e calqueira outro tipo de chamada.
- Programa QUERES: Atender as reclamacións que se fan no Hospital.
– Outra das novidades é que agora para que non fagan cola os pacientes, pásanlle un sobre da petición de probas a Admisión para que pidan todas as citas e que se distribúan.
– Cubrir os descansos do persoal de urxencias e máis os de cita previa e atención ao paciente
– Xestionar citas e axendas de servizos que teñen secretaria propia.
Desde a CIG Saúde lamentan o trato que os traballadores reciben por parte da dirección cando van expoñer algunha queixa e lembran que neste servizo hai uns anos se amortizou unha praza de auxiliar administrativo, co que xa se arrastra un déficit de persoal. Así o sindicato insiste en contar con dúas persoas máis, como mínimo, no servizo de Admisión Central de Monforte. Solicitan tamén un administrativo para o servizo de urxencias, xa que no verán “aumentan moito as visitas a urxencias”.