HomesociedadeMonforte presenta o cartel das Festas Patronais deste 2025

Monforte presenta o cartel das Festas Patronais deste 2025

O deseño, unha explosión de colorido na que destacan o conxunto de San Vicente e a Torre da Homenaxe, é obra do autor José Ángel Ligero Martínez.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Xa se coñece o cartel gañador das Festas Patronais da cidade de Monforte, que terán lugar do 11 ao 16 de agosto de 2025. A presentación oficial foi este 14 de xuño na Casa do Concello, dando así a coñecer o autor que levará os 1.000 euros de premio tras considerarse a súa creación como a mellor da trixésima edición do concurso de carteis

No acto, o Alcalde estivo acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada; a Concelleira de Cultura, Ensino e Xuventude, Marina Doutón; e polo gañador do concurso, José Ángel Ligero Martínez quen explicou en que se inspirou para a realización do cartel e o que quixo transmitir co deseño gañador do certame.

Este ano presentáronse 20 traballos artísticos, un número moi elevado que xa no ano anterior, no 2024 se incrementou nun 33% máis que en edicións anteriores o que demostra, para a organización “o interese dos artistas por este tipo de concursos”.

Todos os carteis que se presentaron a concurso serán expostos a principios de agosto na Casa da Cultura de Monforte, e unha vez remate dita exposición, os autores non premiados poderán retirar os seus carteis se así o desexan.

O CARTEL GAÑADOR

O xurado estivo composto por seis persoas de ámbitos sociais, educativos e culturais monfortinos diferentes, así como pola Concelleira de Cultura, Marina Doutón, que actuou como Presidenta do mesmo.

O Alcalde de Monforte, José Tomé, referiuse á obra gañadora dicindo que “no conxunto do cartel predomina a estética colorista a través dunha ampla gama cromática de cores alegres, especialmente os vermellos, verdes e azuis. Neste senso, creo este cartel é unha explosión de alegría e cor, como o foi nos últimos anos, unha estética que gusta ó noso xurado porque o cartel das festas debe transmitir a alegría, a felicidade e a vitalidade  das nosas festas”.

Por outra banda, para o gañador do concurso, José Ángel Ligero Martínez, o traballo gráfico realizado tiña como obxectivo “transmitir a ledicia, o color e a festa nun deseño cheo de forza. Unha imaxe icónica da cidade claramente representativa, onde cada color, cada casa representa unha veciñanza unida polas festas. Todo esto fusionado, reflexando o espirito de unión da cidade e adornado con fogos artificiais”.

O Alcalde, no remate do acto, trasladou o se agradecemento á empresa Gadis pola súa colaboración neste concurso, así como na posterior impresión dos carteis das Festas Patronais, e tamén á Deputación Provincial de Lugo pola achega económica que fai a través do Plan Deputación de Cooperación cos Concellos.

Cartel gañador do Concurso de Carteis das Festas Patronais de Monforte 2025. Autor: José Ángel Ligero Martínez

ÚLTIMAS

Deteñen en Bóveda unha persoa requirida por un xulgado de Huesca

A Garda Civil detivo a unha persoa na localidade lucense de Bóveda tras non...

A Pobra do Brollón celebrará As Cores do Outono o 27 de setembro

O Concello da Pobra do Brollón vén de presentar o cartel da XI edición...

O lume non dá tregua no Concello de Quiroga

O incendio que saltou de Larouco a Quiroga o pasado 15 de agosto está...

Comeza a mellora da estrada provincial que une Sober e Ferreira por Canaval

Os traballos afectarán ao treito comprendido entre o punto quilométrico 0,100 e o 2,030...