HomesociedadeComeza o Trece Roeis Fest, dous días de música, viño e gastronomía...

Comeza o Trece Roeis Fest, dous días de música, viño e gastronomía en Pantón

As propostas festivas e culturais do Trece Roeis comezaron este venres con sesión vermú e o xantar 13R e prolongaranse ata a madrugada do sábado en Ferreira de Pantón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A programación do Festival segue pola tarde coa cata 13R ás 16:00h, un obradoiro sensorial da man do Presidente da Asociación Galega de Enoloxía, David Pascual. Ás 16:15 terá lugar a presentación literaria O leo de matamá, seguindo o resto da xornada a seguinte axenda:

  • 17:45 horas: degustacións 13R.
  • 18:00 horas: Caamaño & Ameixeiras.
  • 19:00 horas: Baturruka.
  • 19:50 horas: Gin Toni´s.
  • 21:20 horas: Trashtucada.
  • 22:50 horas: Dakidarría.
  • 00:40 horas: Linaje.
  • 02:00 horas: Laura DSK.

Sábado 21 de xuño

  • 10:45 horas: apertura da Feira13R.
  • 11:00 horas: 13R infantil. Obradoiro de estampación floral. Abante.
  • 12:00 horas: 13R infantil. Brais das Hortas.
  • 13:00 horas: Montedapena.
  • 15:30 horas: Rastreros.
  • 16:30 horas: Festicultores Troupe.
  • 20:50 horas: Sés.
  • 22:25 horas: Sínkope.
  • 23:55 horas: Ilegales.
  • 01:45 horas: Radiocarmen

Esta semana dábanse máis detalles da programación no acto de presentación que se fixo na Deputación Provincial. A Deputada, Pilar García Porto, agradeceu o esforzo “da asociación que promove o festival, “Esta proposta cultural feita con talento e compromiso, nace da iniciativa da xente nova e medra ano tras ano grazas á súa ilusión, ao seu traballo e á súa crenza no potencial do rural”. área de Turismo cunha achega de máis de 7.000€, porque estamos convencidas de que apoiar iniciativas coma esta é apostar pola cultura, polo turismo sostible, pola economía local e polo futuro do noso rural”. A área de Turismo da Deputación achega 7.000€ para esta cita que aposta pola cultura, o turismo sostible, a economía local e polo futuro do rural.

No acto de presentación participaron tamén a Deputada de Cultura, Iria Castro Fernández, o Alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, e membros da Asociación organizadora, 13 Roeis Fest.

ÚLTIMAS

Carlos Blanco chega a Monforte dentro da programación teatral do primeiro semestre de 2026

A carteleira deseñada desde a Concellería de Cultura, e dentro do circuíto da Rede...

Arias aborda co alcalde de Taboada as melloras que se executarán na estrada autonómica LU611 que conecta con Rubián

Entre outras cuestións, Arias avanzou que a Xunta executará obras de conservación e mellora...

Atropelado por un tren tras cruzar un paso a nivel en Monforte

Un home resultou ferido este domingo tras ser atropelado por un tren en Monforte....

A Fundación Amigos de Galicia desenvolveu 1.428 atencións de orientación laboral na provincia durante o 2025

A atención presencial préstase desde a oficina situada na rúa Rolda das Mercedes, 14,...