HomesociedadeMonforte destina 22.000€ anuais aos desbroces das pistas municipais

Monforte destina 22.000€ anuais aos desbroces das pistas municipais

Desde o 2 de xuño o concello de Monforte desenvolve traballos de desbroce de vías, camiños, e outras superficies de titularidade municipal nas parroquias. As actuacións quedarán rematadas a comezos do mes de agosto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os traballos de desbroce nas parroquias de Monforte abranguen unha superficie de actuación de 95 hectáreas de camiños. O Concello adxudicou a contratación bianual deste servizo por un importe de 43.997,80 euros, polo que a cada ano lle correspondería un total de 22.000 euros.

Os traballos consisten na roza mecánica da maleza ata obter un galibo libre de 5 metros, por ámbalas dúas marxes das vías, camiños e superficies de titularidade municipal. Empréganse 3 tractores agrícolas e forestais, que están compostos de desbrozadora lateral e arrastrada.

Refórzase a realización destas tarefas, con traballos que está levando a cabo a empresa FCC concesionaria do servizo de limpeza viaria do Concello. Con todo preténdese mellorar a seguridade e circulación de vehículos e de peóns polos camiños e entornos rurais, así como facilitar o acceso ás casas e ás fincas.

“A previsión que se fixo dende o inicio da campaña de desbroces do Concello de Monforte tiña como obxectivo rematar todos os traballos de desbroce a principios do mes de agosto, dado que este é un mes onde normalmente recibimos un maior número de visitantes, e onde as temperaturas son mais altas e polo tanto, supón unha garantía na protección contra o risco de incendios”.

ÚLTIMAS

‘Peitoescuro’ desvela a derradeiro capítulo da súa triloxía audiovisual

Primeiro foi 'Alvorada', despois seguiulle 'Metamorfose', e agora chega a terceira peza final da...

Presentación literaria de Rochi Nóvoa na Librería Papelotes de Monforte

A Librería Papelotes de Monforte de Lemos acolle unha actividade na que se dará...

Xanela ofrecerá servizos máis competitivos ao converterse en Operador Móbil Virtual

A empresa de telecomunicacións Xanela xa é Operador Móbil Virtual (OMV) despois de asinar...

O Punto Limpo de Chantada aposta pola reutilización

Cun investimento de case 50.000€ dos que o concello aporta o 10%, adquiríronse novos...