HomesociedadeSarria acolle o Verbena Fest os días 1 e 2 de agosto

Sarria acolle o Verbena Fest os días 1 e 2 de agosto

O Verbena Fest de Sarria celebrarase este venres e sábado en dous escenarios da localidade, a terraza do Meigallo para os concertos centrais e Don Pepe, que acollerá as actuacións do sábado pola mañá.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Haberá dúas sesión gratuítas. A primeira o venres a partir das 20,00 horas no Meigallo, que acollerá os concertos de Saha & Rvu, Alison Darwin, De Ninghures e Meigas e Trasgos; a segunda o sábado desde as 13,00 horas no escenario Don Pepe, con Montedapena, Vecinos e Grande Osso.

Este último será un dos protagonistas dos concertos da noite de novo no Meigallo, xunto a El chico López, Shego, Ortiga, Louband e Cala Vento. Neste caso será necesario acceder con entrada e as portas abriranse ás 19,30 horas.

Colaboran con esta cita a Vicepresidencia da Deputación de Lugo e A Xunta de Galicia. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, destacou “a proxección conseguida con só sete edicións de traxectoria, sumando nesta ocasión unha ducia de actuacións de artistas e converténdose nun referente da música indie na provincia”.

Efrén Castro amosou o apoio da Vicepresidencia da Deputacion ao festival, “unha mostra máis do dinamismo e da enerxía da mocidade e do tecido asociativo e hosteleiro de Sarria” e encadrou a colaboración co festival “no apoio que as áreas da Vicepresidencia ofrecen ao tecido asociativo, ao tempo que se impulsa a presenza de bandas galegas en festivais e citas musicais ao longo de todo o territorio”.

ÚLTIMAS

A Oficina de Turismo de Chantada incrementa nun 10,5% os visitantes durante o verán

A Oficina Municipal de Turismo de Chantada despide a tempada de verán 2025 superando...

Aprobado o proxecto do trazado da última fase da autovía que une Lugo e Sarria

O Consello deu luz verde ao proxecto e ao estudo de impacto ambiental no...

CIG Saúde alerta da situación do servizo de pediatría no Hospital de Monforte

Aseguran desde CIG Saúde que levan meses denunciando a falta de man esquerda da...

A sostibilidade do turismo en Galicia: os riscos da turismofobia

O encontro ten por obxecto abrir un diálogo técnico, baseado en datos e achegas...