HomesociedadeMáis de 29.000 viaxeiros nas rutas fluviais da Ribeira Sacra

Máis de 29.000 viaxeiros nas rutas fluviais da Ribeira Sacra

No que vai de tempada, desde o 22 de marzo e ata esta mesma semana, foron máis de 29.000 persoas as que realizaron algunha das rutas que a Deputación Provincial ofrece para descubrir os encantos da Ribeira Sacra

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputación Provincial de Lugo conta coa ruta fluvial polo Canón do Sil, que parte do embarcadoiro da Deputación Ponte do Sil, en Monforte de Lemos e a Ruta Fluvial Cabo do Mundo, que comeza en Belesar Pobo, no Saviñao.

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, deu conta da ocupación deste servizo que funciona desde finais do mes de marzo ata o mes de decembro, “desas 29.000 persoas foron máis de 13.000 as que participaron durante esta época estival, é dicir, desde o 21 de xuño e ata finais de xullo”. Ademais, Pilar García Porto incidiu en que “a estas cifras temos que engadir as case 14.000 prazas que están reservadas nestes momentos ata finais de tempada que, como en anteriores edicións, rematará no mes de decembro”.

“Non cabe dúbida que este servizo é unha proposta completamente consolidada na oferta da turística da nosa provincia. É unha forma de descubrir os encantos da Ribeira Sacra desde unha perspectiva única e que, tal e como vimos comprobando cada ano, ten unha gran acollida por parte do público. O que supón un importante revulsivo económico non só para esta comarca senón tamén para todo o conxunto da provincia”.

García Porto recalcou que esta iniciativa “vai na liña do modelo de turismo sostible que defendemos desde a Deputación de Lugo, un turismo de calidade, que se centra na experiencia, e que, non só coida do patrimonio senón que tamén deixa un alto valor no territorio, unha peza clave para fixar poboación no rural da nosa provincia”.

As persoas interesadas en realizar algunha das dúas rutas que ofrece a Deputación de Lugo, reservar praza e consultar máis información poden reservar a súa praza a través da páxina web: https://reservas.rutasembalses.es/ .

ÚLTIMAS

Este 16 de xaneiro preséntase en Chantada “Guía Micolóxica Básica da Provincia de Lugo”

A Irmandade Cultural País do Faro organiza para este venres, 16 de xaneiro, a...

Carlos Blanco chega a Monforte dentro da programación teatral do primeiro semestre de 2026

A carteleira deseñada desde a Concellería de Cultura, e dentro do circuíto da Rede...

Arias aborda co alcalde de Taboada as melloras que se executarán na estrada autonómica LU611 que conecta con Rubián

Entre outras cuestións, Arias avanzou que a Xunta executará obras de conservación e mellora...

Atropelado por un tren tras cruzar un paso a nivel en Monforte

Un home resultou ferido este domingo tras ser atropelado por un tren en Monforte....