HomesociedadeSacra Festival: un festival multidisciplinar arredor da natureza, a cultura e a...

Sacra Festival: un festival multidisciplinar arredor da natureza, a cultura e a comunidade

Terá lugar os vindeiros días 15 e 16 de agosto e a programación desenvolverase á beira do río Miño, tanto no Pincelo como no parque temático Carballolandia, no Concello de Chantada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O corazón da Ribeira Sacra chantadina acollerá os vindeiros días 15 e 16 de agosto unha nova edición do Sacra Festival, un encontro multidisciplinar que se atopa entre as 13 citas subvencionadas este ano pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude na convocatoria para festivais de artes escénicas. Para este programa as achegas alcanzan este ano os 280.000 euros.

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, reuniuse coa coreógrafa e bailarina Carlota Pérez, directora de Experimenta Danza e impulsora deste evento, para coñecer os detalles da programación de 2025 e a súa aposta por conxugar nela cultura, natureza e comunidade.

O Sacra Festival insírese, así mesmo, no proxecto Sacra Experience de dinamización da vida cultural do rural, que se desenvolve na pequena aldea do Pincelo, no concello lucense de Chantada. Esta iniciativa conta tamén coa apoio da Xunta de Galicia para levar a cabo durante todo o ano a súa ampla proposta de actividades formativas e de residencias artísticas.

ACTIVIDADES PROGRAMADAS

No marco do Sacra Festival amosarase o resultado de varias destas accións coas mostras do obradoiro teatral de Alma García ‘Volver a ser nenos‘, do impartido por Janet Novas baixo o título ‘Danza que atravesa corpo e paisaxe‘, da residencia artística de Pamen Pereira e Che Marchesi ou do taller inclusivo de danza e teatro a cargo de Experimenta Danza.

O cartel tamén inclúe os concertos de Niño de Elche e Dulzaro, dous artistas da primeira liña estatal que impulsan as súas carreiras co foco posto na innovación a partir da música de raíz, así como do trío Beauty Venera e da banda de rock compostelá La Última Frontera, integrada por músicos adolescentes. Os DJ Steven García e Pascal Kleiman porán o peche ás xornadas do venres e do sábado, respectivamente, con cadansúa sesión de Rural Chill Out.

A programación desenvolverase á beira do río Miño, tanto no Pincelo como no parque temático Carballolandia, e as entradas poden adquirise en liña a través da web do festival.

ÚLTIMAS

O condutor dun camión resultou ferido nunha saída de vía na N-120, á altura de Cereixa

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ao redor das 11:35 horas deste martes,...

Próximas citas de emprendemento e emprego na Ribeira Sacra

A Xornada de Talento Feminino no Rural que se celebrará en Castro Caldelas comezará...

A Conselleira de Medio Rural presenta en Matacás a nova convocatoria de axudas para manter a paisaxe na Ribeira Sacra

No miradoiro das Penas de Matacás, en Castro Caldelas, a Conselleira Maria José Gómez...

Este 16 de xaneiro preséntase en Chantada “Guía Micolóxica Básica da Provincia de Lugo”

A Irmandade Cultural País do Faro organiza para este venres, 16 de xaneiro, a...