HomesociedadeO SAT Quiroga-Lemos atendeu 111 casos no pasado ano

O SAT Quiroga-Lemos atendeu 111 casos no pasado ano

O Servizo de Atención Temperá agrupado de Quiroga, Ribas de Sil, Folgoso do Courel, Bóveda, A Pobra do Brollón, O Saviñao, Pantón e Sober celebrou unha reunión ordinaria para facer memoria da actividade no 2024.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os temas máis relevantes que se trataron, ademais de aprobar a acta da última reunión de finais de 2024, foron dar conta da Memoria de Servizo do pasado 2024, así como facer liquidación de contas da anterior anualidade subvencionable (2023-2024) e aprobar a contratación do servizo de Terapeuta Ocupacional coa entidade COGAMI para cubrir unha baixa laboral nesa especialidade durante tres meses.

O número de sesións de valoración subiu de 205 a 283, e o tratamento directo e individualizado con sesións de apoio para nenos/as e as súas familias pasou de 94 a 111 neste 2024 (58 nenos e 53 nenas).

“Os datos, pola dinámica destes últimos anos, reflicten aumento de usuari@s e polo tanto a necesidade de manter o número de profesionais e o nivel e calidade do servizo actual”, referiu o concelleiro de Servizos Sociais, Xosé Manuel Fernández.

Por primeira vez realizouse unha xornada de Portas Abertas o 27 de xuño para dar a coñecer o servizo e facer actividades para nenos/as e familias que estaban ou estiveron no servizo. Este 2025 repetirase esta acción para principios de setembro.

Os concellos con máis usuari@s no 2024 foron O Saviñao (33,4 %) e Quiroga (28,8 %), e seguíronlle A Pobra do Brollón (9 %) e Folgoso do Courel (7,2 %). E as especialidades con máis demanda seguen sendo logopedia (39,28 %) e Psicoloxía (33,06 %).

Nas enquisas de satisfacción valórase moi positivamente ao persoal que ofrece o servizo e a evolución dos nenos e nenas, mentres que se refire como negativo algúns temas referidos ás instalacións, e nalgúns casos moi puntuais os desprazamentos.

En xeral, reflíctese que o servizo cumpre ben as súas funcións, que está moi ben valorado e os/as representantes dos concellos agrupados amosaron a súa satisfacción pola evolución do mesmo e polo importante apoio que representa para as familias.

Liquidado o orzamento do Servizo de Atención Temperá agrupado de Quiroga da anualidade subvencionable 2023-2024, deuse conta do importe que corresponde afrontar con recursos propios ao non cubrir a totalidade da subvención concedida (167.023,28 €) o custe total do mesmo (169.845,85 €). Ese importe diferencial foi de 2.822,57 €, unha cantidade que non compromete as contas dos concellos e que resulta máis axustada en comparación co resultado da anterior anualidade subvencionable do 2022-2023. Daquela, o importe que quedou fóra da cobertura da subvención foi de 15.506,28 € cadrando esta liquidación orzamentaria coa entrada do actual Equipo de Goberno.

Así mesmo, a Comisión Mixta aprobou a contratación por tres meses dun servizo de Terapeuta Ocupacional coa entidade COGAMI. Contratación á que se recorre tras varias convocatorias públicas de emprego infrutuosas dende o Concello de Quiroga para cubrir unha baixa laboral de longa duración no SAT agrupado de Quiroga.

ÚLTIMAS

Bóveda mellora a eficiencia enerxética en instalacións municipais

Acometéronse dúas actuacións diferenciadas. Por un lado, levouse a cabo a mellora da eficiencia...

‘Peitoescuro’ desvela a derradeiro capítulo da súa triloxía audiovisual

Primeiro foi 'Alvorada', despois seguiulle 'Metamorfose', e agora chega a terceira peza final da...

Presentación literaria de Rochi Nóvoa na Librería Papelotes de Monforte

A Librería Papelotes de Monforte de Lemos acolle unha actividade na que se dará...

Xanela ofrecerá servizos máis competitivos ao converterse en Operador Móbil Virtual

A empresa de telecomunicacións Xanela xa é Operador Móbil Virtual (OMV) despois de asinar...