HomesociedadeMonforte honra á Virxe de Montserrat no día grande das Patronais

Monforte honra á Virxe de Montserrat no día grande das Patronais

Este venres o Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, encabezando a comitiva institucional, participou nos actos litúrxicos de honra á Patroa da cidade, a Virxe de Montserrat, no día grande das Festas Patronais da cidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A comitiva oficial encabezada polo Alcalde e formada por diversos membros da Corporación Municipal, así como por representantes dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, diversas autoridades de índole local, galego e nacional, partiu ás 10:30 horas da Praza do Concello, como é tradición, para dirixirse á igrexa de San Vicente, acompañados polo Grupo de Gaitas da Escola Municipal de gaitas do Concello de Monforte de Lemos.

A chegada da comitiva oficial á igrexa de San Vicente tivo lugar ás 11 horas; o párroco D. Rafael recibiu ó rexedor municipal e, tras elo, iniciouse a eucaristía na honra da Patroa de Monforte, a Virxe de Montserrat.

Tras a eucaristía, cantada pola Coral Polifónica do Concello de Monforte, celebrouse, no atrio e exterior da igrexa, unha Procesión coa imaxe da Virxe e unha Ofrenda floral á Virxe de Montserrat na que o Alcalde de Monforte, acompañado pola súa esposa, depositou flores ante a Virxe. Tras el, fixérono o resto de membros da Corporación Municipal e demais autoridades presentes, e deseguido, todos aqueles veciños e visitantes que quixeron render sentida homenaxe á Virxe.

A xornada deste venres completouse cos Fogos de San Vicente e o concerto de Abraham Mateo, entre outras propostas. Este sábado rematan os actos das Patronais de Monforte tendo como acticvidades principais o Fogos de Auga desde o Malecón a partir das 00:00 e o concerto de Nil Moliner na Conpañía desde as 00:30h

ÚLTIMAS

O lume non dá tregua no Concello de Quiroga

O incendio que saltou de Larouco a Quiroga o pasado 15 de agosto está...

Comeza a mellora da estrada provincial que une Sober e Ferreira por Canaval

Os traballos afectarán ao treito comprendido entre o punto quilométrico 0,100 e o 2,030...

En marcha o Ciclo de Concertos de grupos monfortinos

Este ciclo foi unha das principais novidades do Programa de Verán de 2022, e...

Outeiro, o Mazo e Soldón, en perigo, no lume descontrolado que ameaza o Courel

A Serra do Courel, unha das xoias ecolóxicas de Galicia, volve a estar en...