HomesociedadeSarria celebra os días 22 e 23 o Ribela Love Nature

Sarria celebra os días 22 e 23 o Ribela Love Nature

O Ribela Love Nature, festival de música electrónica que chega á terceira edición, aposta nesta ocasión por un cartel innovador reunindo a figuras internacionais con artistas autóctonos, con nomes como Identified Patient, RONI, Pangaea, Croatian Amor, Alba Franch, Angélica Salvi, Aiken, Architectural ou o DJ sarriao Jor Ginho.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As portas do recinto dos concertos abriranse o venres ás 21.00 horas e o sábado ás 20.30 horas, pero o inicio da programación adiantarase xa ao venres ás 17.00 horas cun encontro no lugar de Manán titulado ‘Fíos que unen: un encontro intercultural”. Esta proposta incluirá un concerto acústico de Samuel Martins Coelho e charlas coa participación de representantes de diversas asociacións culturais de Sarria.

Os organizadores, Asociación Cultural Ribela, destacan o Ribela Love Nature como un espazo de encontro, liberdade, sostibilidade e experimentación cultural, no que se aposta por unha programación que combina vangarda e identidade local, co obxectivo de contribuír a consolidar a Galicia como un lugar clave dentro do circuíto europeo da música electrónica alternativa.

Da presentación do acto participaron representantes da organización e de entidades colaboradoras; coa asistencia da directora territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Carmen José López e o Vicepresidente da Deputación Provincial, Efrén Castro.

ÚLTIMAS

Aprobado o proxecto do trazado da última fase da autovía que une Lugo e Sarria

O Consello deu luz verde ao proxecto e ao estudo de impacto ambiental no...

CIG Saúde alerta da situación do servizo de pediatría no Hospital de Monforte

Aseguran desde CIG Saúde que levan meses denunciando a falta de man esquerda da...

A sostibilidade do turismo en Galicia: os riscos da turismofobia

O encontro ten por obxecto abrir un diálogo técnico, baseado en datos e achegas...

Olga Novo, protagonista na celebración do ‘Día das escritoras’

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, asistiu o pasado 9 de outubro...