HomesociedadeO Folión de Carros a exposición na Casa da Cultura de Chantada

O Folión de Carros a exposición na Casa da Cultura de Chantada

Este sábado, 23 de agosto, durante as Festas Patronais de Chantada, celébrase unha nova edición do Folión de Carros, declarado Ben de Interese Cultural e Festa de Interese Turístico de Galicia. Mentres a Casa da Cultura acolle ata finais de mes unha mostra sobre o Folión e no exterior cóntase tamén con exposición.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Asociación Cultural Amigos do Folión é a encargada, coa colaboración do Concello de Chantada, de manter esta celebración e difundir os seus valores e características. A este respecto, entre outras actividades, promove a exposición que se pode ver durante este mes na Casa da Cultura de Chantada e que recolle os traballos feitos polo alumnado de 4ºESO do IES Lama das Quendas para o deseño do cartel anunciador do Folión de Carros 2025.

O alumnado utilizou para as súas propostas a técnica de transferencia sobre madeira, plasmando fotos antigas do Folión de Carros en soporte madeira. Nalgúns casos, decidiron intervir directamente con rotuladores acrílicos sobre as fotos impresas, sendo seleccionado, un destes traballos, obra de Victoria García como cartel anunciador do Folión de Carros 2025.

“A memoria do Folión, en definitiva, son as imaxes creadas e recreadas polos seus protagonistas, carroceiros e carroceiras, en cada edición, que artistas de diferentes áreas expresan e transforman libremente a través de intervencións artísticas contemporáneas. Tradición e vangarda necesítanse mutuamente. E iso é exactamente a memoria do folión: tradición e vangarda”, apuntan desde a Asociación Cultural Amigos do Folión.

Folión de carros exp / Concello de Chantada

As fotos en cor colgadas na parede foron tomadas en 2017 pola fotógrafa, Lydia Castro para a mostra “No carro un latexar”. Complétase a exposición coas maquetas elaboradas nos últimos anos por David Carbón, que reproducen diferentes carros participantes no Folión de Carros.

A exposición pode visitarse na Casa da Cultura de Chantada, de luns a venres de 9:00h a 15:00h e de 16:00h a 18:00h. Fins de semana e festivos de 10:00h a 14:00h.

Esta viaxe polo Folión de Carros complétase coa mostra exterior “Máis imaxes para a memoria”, que achega en 40 paneis agrupados en 10 cubos con catro caras, imaxes representativas do Folión de Carros. A exposición instalarase na Praza do Mercado e contorna da igrexa vella. Un espazo idóneo para achegar os valores desta festa a veciños e visitantes cun formato atractivo e a gran escala.

Folión de carros exp exterior / Concello de Chantada

ÚLTIMAS

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...