HomesociedadeMonforte prepárase para o San Mateo

Monforte prepárase para o San Mateo

Este domingo, 21 de setembro, a parroquia de A Parte acollerá a tradicional romaría do San Mateo que recibe numerosos visitantes, polo que se establece un único sentido de circulación na estrada de acceso ó campo da festa, con entrada desde Ribas Altas pola antiga estrada de Lugo, seguindo pola parroquia de Valverde, para saír posteriormente pola estrada do canal de regadío ata Reigada e Monforte pola rúa Juan Montes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación polas pistas da concentración parcelaria da zona en dirección a Ribas Pequenas e Bóveda. Esta disposición do tráfico comezará ás 10.00 horas e estará vixente ata as doce da noite do domingo día 21. No caso de que a afluencia de vehículos o requira, prolongarase o tempo necesario durante a madrugada do luns 22.

O estacionamento só estará permitido nos espazos habilitados, de tal xeito que non se poderá aparcar en toda a pista que da acceso á zona da festa. A zona estará sinalizada e haberá un control de tráfico permanente.

O dispositivo de seguridade estará dirixido pola Policía Local, que contará coa colaboración da Policía Nacional e da Garda Civil de Tráfico. Os axentes da Garda Civil vixiarán as saídas e as entradas ao lugar da romaría. Ademais, a Policía Local velará pola seguridade do recinto da festa e dos seus arredores; tamén haberá efectivos da Policía Nacional. Neste senso, durante toda a xornada haberá unha patrulla tanto da Policía Nacional como da Policía Local permanentemente no espazo do evento.

Polo que respecta á noite previa á celebración da romaría haberá unha patrulla da Policía Nacional con presencia reiterada na zona. Cóntase tamén coa colaboración do persoal de Servizos á Cidadanía do Concello de Monforte. Co San Mateo remata a programación do Verán Cultural.

ÚLTIMAS

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...